SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: ESTEO FS – FS BOAL PICO (3-1)

Sufrida vitoria do equipo pontés ante o colista da categoría.

O Esteo pontés de fútbol sala gañou hoxe ó único equipo asturiano da categoría, por 3-1, anotando o gol da tranquilidade faltando 17 segundos.

No seu terceiro partido consecutivo ante un dos tres últimos clasificados da categoría, sufriu en exceso, pero mellorou a imaxe ofrecida ante San José (3-6) e Leis de Pontevedra (5-1)

Pese a rematar Rober Paz ó longueiro ó pouco do comezo, adiantáronse os visitantes nunha contra.

Pero Jaco deu a volta ó marcador antes do descanso, primeiro nunha gran xogada na que regatea a varios contrincantes, e o segundo, de forte punteirazo.

Nestes primeiros vinte minutos, resaltar tamén un tiro ó poste do propio Jaco, e un ó longueiro de Gerardo. Tamén estrelou un balón no pau Jonás.

No comezo do segundo período o equipo local xogou moi mal, e foi unha milagre que non empatasen os asturianos, que tiveron moitas ocasións, en perdas ou roubos de balón, que propiciaban moitas contras, pero, unha veces Iván, que fixo moitas horas extras, e noutras a falta de puntería, impediu que os visitantes anotasen o segundo.

A máis clara un tiro ó poste de Pato. Co paso dos minutos, as ocasións foron alternándose, pero os xogadores de ambos conxuntos sen atinar entre os tres paus. Estivo preto Rober Paz, que tamén estrelou o balón no pau.

Foi no derradeiro minuto que arriscaron os visitantes con porteiro xogador, e nunha xogada desafortunada dentro da súa área, Gerardo, cedeu o balón a Lito, que marcou a porta baleira a falta de 17 segundos.

Aínda houbo tempo para que os visitantes estrelaran outro balón no poste antes de que sonara a bocina.

O Esteo é sexto con 31 puntos, antes de visitar ó Xove, décimo, nunha Liga na que apenas quedan catro xornadas, pero incomprensiblemente acaba a finais de Maio.

Debutou no equipo Dani, fillo de Pepe, e sobriño de Susín, históricos do Autos Puentes.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Jaco, Púas, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Pedro, Dani, Gerardo, Alex Garea.

FS BOAL PICO: Edu, Jonás, Pato, Manute, Pirri –cinco inicial- Fredi, Víctor, Adri, Alemán.

ÁRBITROS: Castro Nantes, Sierra Márquez, Fontán Pérez (Pontevedra). Amarelas a Rober Paz, Fredi e Víctor.

GOLES: Min. 5 (0-1), Fredi. Min. 10 (1-1), Jaco. Min.18 (2-1), Jaco. Min. 40 (3-1), Lito.

INCIDENCIAS: Vixéximo segunda xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, novena da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, ante uns 150 espectadores, moitos visitantes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios