SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (0-2)
Vitoria do Narón no derbi comarcal ante un Esteo que desperdiciou moitas ocasións
Derrota 0-2 do Esteo no derbi comarcal ante o Cidade de Narón nun encontro no que os locais tiveron moitas ocasións pero foron incapaces de conseguir marcar nos 40 minutos.
Precisamente, ó pouco do comezo, tras un balón que se pasea pola área visitante e non consigue rematar Pana, son os azuis os que na contra consiguen adiantarse por medio de Iván que colou o balón por entre as pernas de Javichu (4´).
Na primeira metade ocasións polos locais de Pana, Jacobo e Alex Durán. Tamén por parte visitante resaltar un mal pase local cara atrás que consigue despexar Javichu antes de que remate o xogador naronés (9´), e nunha xogada de estratexia, Brais, só no segundo pau, dispara fóra (11´).
As máis claras do Esteo foron un remate ó poste de Alex Durán (12´), e faltando 30 segundos vaise completamente só Pana, que quere picar o balón por riba de Alberto, adiantado, pero vai fora.
Comezaba a segunda metade coa mesma tónica. Grandes ocasións, un tiro cruzado de Pana, e outro de Jacobo por alto, si ben tamén polos visitantes, nunha contra, disparou Iago fora (25´), e noutra xogada Buján desfíxose de todos os adversarios chegando só á área e salvou Javichu (28´).
Nunha xogada co porteiro descolocado a Jacobo vaiselle moi longo o control do balón no regate (30´) e pouco despois é Héctor quen ten un balón inmellorable no borde da área pero dispara moi frouxo (32´).
Tras unha posible falta a Jacobo non sinalada, continúa a xogada e cando ía a rematar a porta baleira, Brais é estorbado dentro da área por Alex Durán, que ademáis viu o segundo cartón, sendo expulsado, e Buján anotaba o 0-2 a falta de cinco minutos.
Nos últimos instantes, con porteiro xogador os locais, resaltar un balón que pica Rober e saca un defensa coa cabeza baixo paus, ou un trallazo de Jacobo, si ben os visitantes tamén puideron finiquitar o partido tras un forte disparo do ex xogador pontés Bertito, que despexa Javichu.
Sen tempo para máis, os naroneses durmen terceiros con nove puntos, e sensación de impotencia dun Esteo que foi incapaz de marcar gol nun encontro con tantas ocasións claras para facelo. Seguen cuartos pola cola con tres puntos, á espera do que poidan facer este sábado os rivais de abaixo.
Complicada visita a Benavente á semana que ven, equipo que sen ir máis lonxe venceu 0-4 en Narón. No encontro puidose ver, entre outros, aos xogadores do Parrulo de Primeira División, o internacional Adri, e Rubi, ex xogador do Esteo.
Continúa a boa racha do Cidade de Narón na Fraga na Segunda B, xa que a este triunfo súmase o 0-6 do 2013, o 0-4 do 2015, e o 2-2 do ano pasado, un valioso punto logrado faltando tres segundos.
Antes do comezo do encontro foi homenaxeado o futbolista pontés Gerardo García Doce, que deixou o Esteo con 35 anos, tras militar once campañas consecutivas no equipo pontés (2007-2018).
O ESTEO FS: Javichu, Alex, Pana, Rober, Jacobo– cinco inicial – Héctor, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.
CIDADE DE NARÓN: Alberto, Guille, Iván, Diego, Brais – cinco inicial – Bertito, Mario, Buján, Iago.
ÁRBITROS: Amor Vizoso, Salinas García, Prados Caamaño (Ferrol). Amarela a Jacobo. Expulsado por doble cartón Alex Durán (35´).
GOLES: 0-1, Iván (4´). 0-2, Buján (35´), de penalti.
INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Preto de 300 espectadores, moitos visitantes.
Nova cortesía de Xose Ferreiro