Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA. CR FENDETESTAS 18 – MURALLA RC 21

Debut na casa dun equipo verde que perdeu nos últimos instantes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O equipo pontés do Fendetestas debutaba como local hoxe á mañá no Evaristo Puentes ante o Muralla de Lugo. Xa xogara na primeira xornada na que gañou ao Zalaeta 25-32, na seguinte descansou, e hoxe perdeu como local 18-21 conseguindo polo menos o bonus defensivo.

Puxose o encontro costa arriba ao pouco do comezo pois os lucenses situaronse 0-7, pero os verdes conseguiron dar a volta cun ensaio de Antonio, e posterior transformación, ademais de dous golpes de castigo, anotados por Roberto, que poñían o 13-7.

Pero noutro arreón visitante marchouse ao descanso con 13-14. Cun ensaio de Edgardo mediado o segundo período poñíanse os verdes 18-14, pero a falta de cinco minutos os da cidade da Muralla lograron alcanzar a zona de marca e selaron o definitivo 18-21, pese aos intentos locais nos últimos instantes.

Xogaron Jose (Adrián 22´), Ezequiel, Carlos (Harold 41´), Luis, Esteban, Rafael, Anxo (Lois 77´), Senen (Mariano 72´), Antonio, Vladi, David (Francisco 41´), Robert, Borja, Alberto, Edgardo (Xose 67´).

Lidera Zalaeta con 11 puntos, seguido de Muralla con 9, cinco teñen Campus Ourense, Fendetestas, Santiago e Barbanza, e pecha sen puntuar o Mareantes de Pontevedra, cidade que visitarán os verdes en dúas semanas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios