Amigus
As Pontes

O ADESTRADOR PONTÉS MARCO ROCA PREMIADO NA GALA DO “DÍA DO ADESTRADOR” DA RFGF

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, quedou este sábado pequeno para albergar unha nova edición do “Día do Adestrador”

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, quedou este sábado pequeno para albergar unha nova edición do “Día do Adestrador” que cada ano organiza o Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol. Unhas 300 persoas abarrotaron o recinto para gozar dun día moi especial e repleto de momentos emotivos e para o recordo.

Abriron esta gala os adestradores Rubén de la Barrera, Luís de la Fuente e Pablo Machín que foron os protagonistas dunha mesa redonda que virou ao redor de numerosos aspectos relacionados coa táctica, a técnica, a xestión dun vestiario e as súas experiencias no fútbol de elite. Posteriormente celebrouse a entrega dos galardóns ós adestradores máis destacados nas distintas categorías territoriais galegas. I entre os premiados estivo o actual adestrador da UD Somozas, o pontés Marco Roca, que foi recoñecido como “Adestrador Descatacado da 3ª RFEF”. Este premio pon en valor a notable e ascendente traxectoria de Marco, que pasou prácticamente toda a súa traxectoria tanto como futbolista coma adestrador vinculado ó CD As Pontes, e que continua a saga do seu pai Manolo Roca e o seu tío Celso Roca, formadores futbolísticos de moreas de mozos ponteses.

Marco Roca chegou á UD Somozas na tempada 2021-2022, na que colleitou 20 triunfos, 6 empates e 9 derrotas entre Tercera División RFEF e a Fase Autonómica da Copa RFEF. Estos resultaros permitiron que o equipo finalizase nun extraordinario 3º posto, o que á postre lle abriu as portas para xogar o playoff de ascenso a 2ª RFEF. Desafortunadamente a UD Somozas caería na semifinal rexional da promoción contra el CD Barco, feito que non empañou o gran campaña feita polo conxunto dirixido por Roca.

Para esta tempada 2022-2023 o obxetivo que afronta o adestrador pontés é o de volver a clasificar ó conxunto somocense para a promoción de ascenso.

 

Nova cortesía de Miguel Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios