LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA DE FÚTBOL SALA

O Pavillón de Monte Caxado albergou a terceira e cuarta xornadas

Este martes disputouse no Pavillón de Monte Caxado a terceira e cuarta xornada da Liga Galega Alevín Feminina, no seu Grupo B, dos catro existentes.

A primeira hora da mañá enfrontaba o equipo do Lago, con poucos efectivos, cativas moi noviñas, sen unha das súas mellores xogadoras, ao Narón O Freixo, que gañou 0-12 a pesar do gran desempeño de Daniela e Aroa Meizoso.

Xa a última hora da tarde perderon 4-5 co Fisober de Muxía, con certa tristeza, pois tras poñerse tres veces por diante no marcador, e aguantando todo o encontro con so seis xogadoras, acabaron cedendo no último minuto.

Tres goles de Aroa Meizoso e un de Ana García. Nos dous primeiros partidos disputados en Dumbría gañaran precisamente 0-6 ao Fisober, e tamén 0-9 ao Arealonga Chapela de Redondela.

O Narón O Freixo domina o grupo con man de ferro con 55 goles a favor por ningún en contra, por seis puntos de pontesas e as de Muxía, e sen puntuar as redondelás, quedando as dúas últimas xornadas para rematar a Liga.

Xogaron nesta xornada Daniela, Aroa Meizoso, Valentina, Fabiola, Ana, Aroa Doce e Emma.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios