SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 3 – LEIS PONTEVEDRA FS 5

Grave derrota do Esteo ante un rival da zona baixa

145

O Esteo pontés de fútbol sala recibía este venres á noite no Pavillón Monte Caxado ao outrora histórico Leis de Pontevedra, que chegara a militar na Primeira División na 2007-08.

Os da cidade do Lérez viñan con apenas tres puntos en sete partidos pero cun dos planteis máis novos da categoría asoballaron ao Esteo no primeiro período, tanto físicamente como en intensidade, e sabendo moi ben a que xogaban.

Adiantaronse ao pouco do comezo cun tanto de falta de Berto que acaba desviando un defensa a gol. Faltando pouco para o intermedio, nunha xogada pouco afortunada cun remate do Esteo ao poste coa porta baleira, chegou unha contra na que marcou Alan so ante Pablo, e a un minuto do descanso marcaba Takumi de forte disparo pegado ao pau.

Pouco que reprochar a Pablo, que bastante ben estivo, por certo, de casta lle ven ao galgo, familiar do mítico Fernando Bouza, porteiro pontés internacional un 25 de Novembro de 1988 nun España 4 – Italia 3.

Sorprendentemente nun fulgurante comezo do segundo período os ponteses lograron empatar con dous tantos de Jandro e Cokito, pero con tempo de por medio e cando parecía que a remontada podía ser posible outro gol de Alan na recta final, e outro de Saúl co tempo cumprido fixeron fuxir outros tres puntos vitais.

Os ponteses son décimos con 9 puntos pero so tres por riba dos penúltimos, os visitantes deste venres. E precisamente ante o colista con tres puntos Universidad de Valladolid xogan os ponteses a vindeira xonrada, tamén na casa, e non se poden permitir outro traspés tras tres derrotas seguidas no Monte Caxado.

O ESTEO FS. Pablo, Cokito, Héctor, Alberto, Jhony – Troncho, Guillán, Jandro, Adrián, Eloy.

LEIS PONTEVEDRA. Álvaro, Alan, Raúl, Hugo, Arturo – Takumi, Fidel, Saúl, David, Berto.

GOLES. 0-1, Berto (5´), 0-2, Alan (15´), 0-3, Takumi (19´). 1-3, Jandro (25´), 2-3, Jandro (28´), 3-3, Cokito (29´), 3-4, Alan (34´), 3-5, Saúl (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Héctor, Alan. Expulsado con doble cartón Jandro. Uns 80 espectadores na noite do venres no Monte Caxado.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios