Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 28 – SANTIAGO RC 0

O equipo pontés sitúase líder momentáneamente con esta oitava vitoria

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Fendetestas pontés venceu este sábado á tarde por 28-0 ó Santiago, terceiro clasificado.

O partido disputouse nunhas malas condicións, pero o mundo do rugbi non entende de choivas e temporais e si de casta e bravura, e así, ambos conxuntos saltaron ó campo e xogaron os 80 minutos.

Os outros dous encontros da xornada que se tiñan que disputar na Coruña e no Barbanza si que foron suspendidos.

No descanso os ponteses xa gañaban por 14-0, e no segundo período repetiron o marcador ata o 28-0 definitivo, polo que sumaron os catro puntos, mailo bonus ofensivo polos catro ensaios, que foron anotados por Antón Ferrol, Brul, Antón e Rober, xogador que tamén anotou os catro lanzamentos a paus.

Polo tanto, os verdes ocupan momentáneamente a primeira praza con 8 vitorias e 38 puntos. Séguelle o Crat A Coruña B con 36, pero tamén con dous encontros menos.

Xa máis lonxe, Santiago, que ten 27, Zalaeta 22, e Kaleido U.Vigo B 19.

Nas últimas prazas están CU Ourense Coosur B, que ten 12, e Barbanza con 6.

Na vindeira xornada descansarán os verdes, e retomarán a competición na última fin de semana deste mes visitando ó Barbanza.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios