Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 31 – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO 7

O equipo pontés da un paso de xigante de cara a facerse co título de Liga

Paso de xigante do Fendetestas pontés de rugbi de cara ó título de Liga. Venceu 31-7 ó seu rival directo, Zalaeta de Arteixo, e ademáis do triunfo conseguiu o bonus ofensivo, co cal cinco puntos moi importantes.

Pronto puxeron terra de por medio os verdes co 21-0, pero xusto antes do descanso recurtaron distancias os visitantes ata deixar o tanteador nun 21-7.

No segundo período apenas se moveu o marcador agás nun golpe de castigo local transformado, e xa nas postrimerías chegaba o cuarto ensaio pontés que situaba o 31-7 definitivo.

Os ensaios foron logrados por Antón, Álvaro, Moncho e Andrés, e Robert anotou as catro transformacións mailo golpe de castigo.

Xogaron Pastel, Moncho, Darkas, Moeche, Antón II, Viti, Andrés, Joel, Tono, Robert, Iván, Antón, Álvaro, Huesy, Miguel, e no segundo tempo entraron Asier, Varela, Rafa e Robertazo.

Os verdes sacan catro puntos de ventaxa ós de Arteixo, tendo pendente ademais o partido co Barbanza. Lideran a táboa con 44 puntos, por 40 do Zalaeta.

Nun segundo escalón estarían Mareantes B con 30, Santiago e Muralla 28, e Vigo B 24. Pechan con 13 Barbanza e 7 Ourense B.
Dentro de dúas semanas reciben no Monte Medulio ó Muralla na decimosegunda xornada.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Xose Cendán

También podría gustarte
Comentarios