SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – PONTEVEDRA MAREANTES RC B

Segundo encontro na casa do Fendetestas pontés

Novo encontro na casa do Fendetestas pontés de Rugbi. Tras gañar na xornada inaugural, 64-10 ó Ourense B, o equipo pontés xogou tres encontros a domicilio, gañando ó Barbanza (0-7), e ó líder Muralla (13-24), caendo co Zalaeta de Artteixo (29-14).

Entremedias, aprazouse o seu partido na casa ante o Santiago. Este sábado, reciben na sexta xornada, no Campo Monte Medulio, ó Pontevedra Mareantes B, equipo que marcha segundo clasificado con 15 puntos, un punto por riba dos ponteses e un por detrás do Muralla de Lugo. Na derradeira xornada da primeira volta os ponteses visitarán ao Vigo B.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (6ª xornada)
CR FENDETESTAS – PONTEVEDRA MAREANTES RC “B”
Sábado 11 – Novembro – 2017 (16:00h)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios