Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CU OURENSE B 12 – CR FENDETESTAS 47

O equipo pontés é líder cun punto de ventaxa sobre o segundo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Fendetestas gañou este domingo 12-47 na súa visita á cidade das Burgas. Contra o mesmo equipo debutara na Liga gañando 64-10.

Os puntos chegaron con dous ensaios de Antonio e Luis, e un de Miguel, Iván e Joel. Rober acertou tres dos sete lanzamentos a paus e ademáis anotou dous golpes de castigo.

Xogaron Antón, Joel, Toño, Rober, Antonio, Miguel, Álvaro (Xose), Iván, Óscar, Ramón, Luis, Ángel (Roberto), Anxo, Asier e Pablo.

Noutro interesante encontro da xornada, o Santiago venceu 21-12 ó Muralla, o Zalaeta gañou 14-41 ó Barbanza e prodúxose a primeira vitoria do Vigo B, 53-5 contra o Mareantes B.

Así as cousas, segue moi comprimida a pelexa pola primeira praza, e cos tres de arriba cun encontro menos. Co bonus ofensivo o Fendetestas distanciase nun punto do Santiago, xa que os verdes suman 29 puntos por 28 dos da capital.

Zalaeta ten 25, por 23 do Muralla e 20 do Pontevedra Mareantes B. Vigo B suma 14, Barbanza 12 e pecha Ourense B con 6. Na vindeira xornada os verdes reciben ó Barbanza.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios