SEGUNDA ATONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 8 CF CHANTADA 0

Sensacional victoria das cativas de Salido ante un dos debutantes da categoría, o Chantada, que chegaba ó Poboado con tres derrotas en tres partidos, si, pero ante os dous descendidos de Primeira Melide e Dubra e a última xornada so perderon 3-4 ante o Villestro.
Con este resultado as azuis igualan o seu mellor marcador en competición oficial, habería que remontarse ó 21 de Setembro de 2008 cando o equipo feminino logrou a súa primeira victoria como equipo e tamén por goleada, 8-0 ó Noia, catro de Yaiza, tres de Patri Dopico e un de Jani.
O primeiro tempo xa foi un vendaval, apareceu Carlota disfrazada de futbolista de Primeira División facendo birguerias por banda esquerda e dando pases en profundidade rememorando a Iván De la Peña deixando ás súas compañeiras en posicións inmellorables. A habilidosa Chipy meteu os dous primeiros pero puideron ser máis, a propia Chipy varias veces, Carlota, Lía, Alba …
Ó borde do descanso, a gran central de San Sadurniño Noelia lograba o 3-0 tranquilizador de falta.
No segundo tempo igualouse a contenda nos primeros minutos pero as azuis foronse adueñando do poder ofensivo conforme pasaba o tempo pero o gol non chegaba, Carlota tivo unha boísima con toda a portería para ela, pero o balón saiu por alto, e Clara tivo dúas clarísimas, valga a rebundancia.
O 4-0 foi obra de Carlota tras recoller un rexeite a tiro de Clara e outra vez Carlota anotaba o 5-0 tras un bo centro de Mireia.
feminino_001.jpg


Cabe facer o inciso de que a extremo esquerdo chega os 21 tantos en competición oficial superando os 20 de Lau e a añorada Paty Blanco e os 19 da “Capitana”.
A talentosa Clara resarciuse das oportunidades desperdiciadas marcando o 6-0 tras un roubo de balón e refatear á porteira, e o 7-0 tras outro pase de Mireia, que previamente mandou un disparo ó longueiro no 74´.
O 8-0 marcouno Mireia, a lateral dereito de 14 anos, revelación da pasada temporada que por fin veu recompensada en forma de gol a súa fructífera labor. Como boa e xenerosa compañeira o pase deullo Clara.
A semana que vén as de Salido e Pita, que suman 3 victorias por 2 derrotas, visitan ó cadro santiagués do Villestro.
Para máis información http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Alba Romero, Mireia, Andrea Pita, Jani, Silvia, Lara, Lía (Carmela 57´), Alba Barro (Uxía 45´), Noelia (Carla 45´), Carlota, Chipy (Clara 45´).
CF Chantada. Danae, Elisa (Tania 76´), María, Ana, Carla (Lorena 50´), Sara Piñeiro, Iria, Leti (Miriam 58´), Paula, Eva, Cristina (Alba 58´).
Goles: 1-0, Chiy (19´), 2-0, Chipy (29´), 3-0, Noelia (42´). 4-0, Carlota (57´), 5-0 Carlota (68´), 6-0, Clara (71´), 7-0, Clara (78´), 8-0, Mireia (82´).
Árbitro: Juan C Fernández (Ferrol)
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose, máis de cen espectadores en tarde soleada.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios