SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 0 ORZÁN SD B 2

Derrota do equipo feminino ante o líder da categoría no partido disputado hoxe á tarde no Campo anexo Jose.
Visita hoxe do cadro coruñés do Orzán, un gran equipo que suma 16 victorias por tan so un empate, e liderado pola súa prometedora xogadora Patricia Carballo Penas (foto), campiona de España de 60 metros lisos, e internacional española sub17 con dous anos menos, ademáis foi unha sorte poder vela hoxe no Campo Jose pois o mércores cumprirá os 15 anos reglamentarios pra poder dar o salto ó primeiro equipo que milita na Primeira Nacional.
Moito traballo tivo hoxe Leti, e xa desde o principio as visitantes foron a pola victoria, sen embargo a ocasión máis clara foi tras saque de córner (7´), nun despexe de cabeza de Laura que vai ó poste. A aproximación con maior perigo das locais tivoa Carlota, pero caeulle na perna mala, a dereita, e non se sentiu segura de rematar (23´). Adiantaronse as coruñesas no 37´ tras unha galopada de Patri que se vai das defensas por velocidade e define ante a saída de Leti tras pegar o balón no longueiro e acabar entrando. Puideron ampliar a ventaxa no 41´ con outro tiro ó poste.
aspontes-orzan_01.jpg


Comezaba moi ben a segunda metade pra as herculinas, pois apenas pasados dous minutos, a xenial e menuda dianteira Cris regatea a Leti, escorase, e moi astuta, en lugar de tirar, ve a chegada desde atrás de Patri e envíalle un centro que a internacional manda ó fondo das redes sen deixar caer o balón.
Non se amilanaron as locais nin moito menos e tiveron os seus mellores minutos, a destacar dúas ocasións da todoterreo Laura, unha falta no 59´ e un bo disparo que despexa a porteira no 62´.
Sen embargo nos últimos minutos puideron aumentar o marcador as visitantes en tres minutos máxicos, no 82´ sensacional internada por banda esquerda de Patri que lla deixa en bandexa a Abreu, e o que son as cousas, a porta baleira desgraciadamente non tivo o seu remate máis fino e mandouna fóra lembrado o “gol de Abreu”. Sandra no 83´ e Nere no 85´ tamén puideron marcar pero Leti estivo atinada e o marcador non se moveu.
Victoria xusta do mellor equipo da categoría ante un As Pontes que estivo moi ben, sobre todo na liña defensiva, as habituais Jani, Silvia, Laura, Lara e xeniais as máis noviñas, Mireia e Andrea Pita.
As pontesas restanlles dous partidos e tentarán rematar a Liga da mellor maneira posible. A semana que vén non hai liga, á seguinte descansan, o día 6 van a Tordoia e o 13 rematan a Liga recibindo ó Crocha. Son sextas con 22 puntos.
Resaltar a feliz volta ós terreos de xogo tras máis de un ano de ausencia por lesión da irmá de Borja, a dianteira Candela Prieto.
0 CD AS PONTES. Leti, Mireia, Andrea Pita, Jani, Silvia, Lara, Laura, Alba, Chipy (Candela 54´), Carlota e Clara (Carliña 58´).
2 ORZÁN SD B. Vila, Patri Carballo, Nere, Oli (Sandra 55´), Cris (María 76´), Ana Laracha (Isa 55´), Abreu, Bea, Helen (Fanny 72´), Carballo, Peque (Pérez 72´)
Goles: 0-1, Patricia Carballo (37´), 0-2, Patricia Carballo (47´).
Campo e Incidencias: Campo Anexo José. Uns 100 espectadores en trade fría pero soleada.
Árbitro: Serrano naveiras (Ferrol).
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
aspontes-orzan_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios