SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 0 DUBRA SD 0

Empate a 0-0 entre o As Pontes Feminino e o líder Dubra no partido desputado no campo Anexo Jose ó mesmo tempo que se disputaba o encontro do segundo equipo.
Durante a primeira metade non se soubo cal dos dous equipos era o líder, pois o xogo desenrolouse no campo visitante, as azuis atacando e as do Dubra defendendose. Moitas veces se achegou o As Pontes sobre todo por medio de Lau e da multiusos Yaiza, que hoxe fixeron de atacantes. A destacar un disparo de Yaiza (15´) que se marcha por alto e un remate a bocaxarro da mesma xogadora, tras centro de Carlota, na área pequena que para a porteira visitante (43´).
No segundo tempo destacar un remate de Yaiza (63´) que para a gardamallas en dous tempos, unha gran internada de Carlota que a porteira despexa a córner (72´), e a gran ocasión do encontro chegou dous minutos máis tarde, a relación tormentosa que ten o equipo feminino pontés co gol por veces chega a extremos surrealistas, un remate de Carlota a medio metro da portería, coa porteria vencida e o público celebrandoo, estampase no longueiro, e o rexeite milagrosamente vai parar ás mans da porteira.
O gran momento da tarde, a vinte minutos do final, saltou ó campo, catorce meses e medio despois da súa lesión, a gran Capitana Patri Dopico, aplausos para ela.
aspontes_dubra-001.jpg


Nos últimos quince minutos o rival estirouse e amosou un chisco do porque do seu liderazgo, a zaga local estivo moi ben durante o encontro pero xa acumulabna algo de cansanzo, feito que aproveitou a súa dianteira Rebeca, autora dos cinco tantos no 5-1 do encontro de ida, nunha xogada superou a 4 ou 5 rivais e ante a saída de Leti tanto quixo colocar que o balón saiu por pouco. Despois maxistral estivo Leti cando dúas rivais quedaron soas e salvou o gol por dúas veces, e minutos máis tarde un gran tiro de Rebeca dende fóra da área despexouna co pe.
Entremedias un gran disparo de Patri que saiu a rentes do pau (77´) e dunha indecisión na saída da porteira visitante non se soubo aproveitar Yaiza (80´) que se enguedellou con unha defensa visitante.
A pouco do final retirouse Clara lesionada, anque non semella de gravidade.
En definitiva, o As Pontes mereceu algo máis na visita do líder. Marchan oitavas con 24 puntos despedindo o ano na súa visita ó Chantada o vindeiro fin de semana.
Xogaron polas de Salido, Leti, Mireia, Silvia, Jani, Noelia, Clara (Andrea Pita 88´), Lía (Carmela 70´), Alba Barro, Lau (Patri Dopico 70´), Carlota e Yaiza (Alba Romero 82´).
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
aspontes_dubra-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios