SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 0 ÁNIMAS SD 2

Non acaba de adaptarse á categoría o segundo equipo pontés que hoxe perdeu ante o Ánimas por 0 goles a 2. Boa mostra é que nos tres últimos encontros perdeu ante tres ex compañeiros de categoría do ano pasado, Miño, Caranza e Ánimas.
As lesións, as baixas, e a xente que participa cando llo permiten os seus diferentes compromisos, fai que non se poda contar con todo o plantel xornada tras xornada e hoxe a pesar da axuda do porteiro do primeiro equipo Iván Parapar tampouco se puido conseguir ningún resultado positivo.
No encontro de hoxe disputado no Campo do Poboado viña o equipo ferrolán, un rival directo que estaba situado tres puntos por riba, e que se marchou ó descanso con 0-1 no marcador. A pouco de comezar o segundo tempo nun penalti os visitantes situaban o 0-2 que á postre foi definitivo.
cdaspontes-animas_001.jpg


A dous puntos do descenso se sitúan os azuis, e mal rival teñen pra tentar cambiar a racha, pois o domingo que vén visitan ó líder Cedeira. Iniciarán o 2012 cun rival máis directo, o San Sadurniño, encontro no que precisarán do apoio local, pechando así a primeira volta. Aínda quedan 19 encontros por diante.
Agora mesmo Valdoviño parece desahuciado con 5 puntos, penúltimo está Rápido de Neda con 13, Somozas B e Barallobre teñen 14 e As Pontes conta con 15, por 16 de San Sadurniño e A Capela.
Xogaron polos de Calpita Iván, Fernando, Alex Antón, Carlos, Fran, Hugo Gegundez, Adrián Criado, Danilo, Moya, Púas e Borja. No segundo tempo entraron Antón, Pellón, Guille e Hugo Cascudo por Danilo, Alex e Hugo Gegundez.
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
cdaspontes-animas_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios