SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. AS PONTES 5 CROCHA 0

Triunfo incontestable do As Pontes no encontro disputado hoxe ante o conxunto da Pobra do Caramiñal. A primeira metade foi un aúténtico espectáculo por parte do cadro local, moi ben plantado no campo, cun gran xogo e moi boas combinacións. Adiantaronse cun gran gol da “capitana” Patri, que dende fóra da área e vendo á porteira rival adiantada marca tras unha gran vaselina nun remate digno de Primeira División. Pero na primeira metade as azuis tiveron moitas ocasións, un tiro ó poste de Paty (10´), un cabezazo de Silvia (21´), un tiro ó longueiro de Lau (30´) e un tiro cruzado de Carlota (40´) foron as máis claras, pero a mala fortuna unhas veces e outras a mellor xogadora visitante, Jennifer, evitaron a goleada. Non obstante, un gol de Paty no desconto e outro de Alba nada máis comezar a segunda metade sentenciaron o encontro. O 4-0 chegou tras un xogadón por banda da “capitana”, que se vai de tres rivais e cede o balón a Carlota que marca a pracer. Xa no desconto, gran centro de Carlota que aproveita Jani chegando desde atrás pra anotar o 5-0, un xusto premio pra a regularidade da central impecable.
AS PONTES 5 CROCHA 0


CD As Pontes 5. Leti; Yaiza, Lau, Jani, Silvia (Cris 62´); Lara, Patri (Nato 62´), Clara, Carlota; Alba (Mar 59´), Paty.
Crocha 0. Jennifer, Nieves, Andrea (Cinthia 66´), Marta, Alba, Mari, Noemí, Lara, Sarita, Sara, Adriana.
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado. 50 espectadores en tarde chuviosa. Último encontro da primeira volta.
Goles: 1-0, Patri (20´), 2-0, Paty (45´), 3-0, Alba (46´), 4-0, Carlota (59´), 5-0, Jani (91´).
Árbitro: Bejarano Estepa (Colexio Ferrolano). Amonestou a Lara e Sara.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro e A.F.
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0
AS PONTES 5 CROCHA 0

También podría gustarte
Comentarios