Segunda Autonómica Feminina. As Pontes 1 – Atlético Balouta 1

Empate a un no partido correspondente á 13ª xornada disputado na tarde de hoxe entre o As Pontes e o Atlético Balouta. As de Lalín chegaron con 10 xogadoras, pero co equipo moi ben posicionado no campo, destacando a contundencia de Nuria e a calidade de Lutxy que se pasou todo o partido regateando e complicandolle a vida á zaga local, e de feito tivo a primeira ocasión do encontro pero o seu disparo saiu fóra por pouco (11´). Boa ocasión tamén para as azuis cando Chipi queda soa ante a porteira visitante (21´). Pero foi no minuto 24´ cando se adiantaron as locais, a “capitana” Patri Dopico engancha un balón dende fóra da área e o seu forte disparo colase pola escadra. De ahí ó final da primeira metade as locais puideron marcar algún gol máis, sobre todo un tiro ó poste de Paty (43´). Na segunda, ó pouco de comezar, empatou o Balouta nun dos moitos lanzamentos de falta de Nuria (50´). A partir de ahí maior dominio das locais pero perigosos contragolpes das visitantes. Nos últimos instantes o partido volveuse algo bronco. Paty no desconto puido decantar a balanza do lado pontés pero o seu disparo volveu a pegar no poste. A destacar á volta os terreos de xogo da gran Carliña despois de tres meses. O As Pontes continúa na sexta posición e non volverá a xogar ata o 3 de Xaneiro, día en que recibe ó Val.
futbol_femenino_01.jpg


CD As Pontes 1. Leti; Yaiza, Jani, Laura, Silvia; Lara, Patri, Clara (Paula 45´), Alba (Carliña 80´); Paula “Chipi” (Cris 72´), Paty.
Atlético Balouta 1. Angela, Tania P, Lourdes, Paula, Vicky, Julia, Lutxy, Belén, Tania M, Nuria.
Árbitro: Víctor García Villaverde (Ferrol). Amonestou a Laura, Yaiza e Julia.
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde nubrada.
Goles: 1-0, Patri Dopico (24´), 1-1, Nuria (50´).
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
futbol_femenino_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios