Amigus
As Pontes

SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA: C.D. AS PONTES B – S.D. ÁNIMAS (2-2)

Empate no tempo de prolongación do segundo equipo pontés, que salva un punto moi valioso, a pesar de xogar contra o noveno clasificado, trala derrota a semana pasada ante o San Mateo.
Adiantáronse no primeiro tempo os ferroláns, e a pouco de comezar o segundo tempo, tras un saque de esquina acabou marcando Ferreiro no segundo remate o empate. Non durou moito a alegría pois os visitantes lograron pouco despois o 1-2 cun balón moi ben colocado. Pero xa no desconto, minuto 47, chegou o tanto do empate definitivo por mediación de Púas.
Os triunfadores da xornada foron o Rápido de Neda, que no duelo entre os equipos de arriba venceu ó Ortigueira por 2-1, e sufrido triunfo do Miño en Cabanas (1-2), co que estes dous equipos se marchan na clasificación con 44 e 43 puntos respectivamente. Logo estarían San Mateo e Ortigueira con 41 puntos, e As Pontes e Numancia de Ares con 40. Un pouco máis distanciado o Cariño, con 37 puntos.
aspontes-animas


Xogaron polo As Pontes: Juan, Ferreiro, Hugo (Fernando, min. 60), Palas, Carlos, Totti, Vicente, Marcos Novo, Moya, Vilasuso (Púas, min. 60) e Fermín (Narciso, min. 70).
Complicada visita a vindeira semana a Caranza diante do Galicia, equipo que marcha oitavo na clasificación con 32 puntos.
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
aspontes-animas
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios