Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – LEIS PONTEVEDRA (1-4)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Segunda e sorprendente derrota do Esteo na súa pista da Fraga, a cuarta no que vai de campionato diante do Leis Pontevedra, equipo situado na zona baixa da clasificación e que acudiu a As Pontes con tan só oito xogadores. Está visto que os cambios de horarios non lle sentan ben ó Esteo. Un sorprendente tropezón, por outra banda merecido, pois o equipo pontés non deu unha a dereitas ó longo dos corenta minutos. A excesiva confianza que ultimamente amosan os xogadores ponteses e este sábado diante un rival a priori asequible pasoulles factura e ó final os tres puntos voaron cara Pontevedra. Os visitantes fixeron méritos para gañar nun partido no que pouco tiñan que perder. Amosáronse moi serios en defensa e con perigo nos ataques. Na primeira metade o Esteo controlaba o xogo, pero as ocasións máis claras serían para o conxunto pontevedrés. Sen embargo, a falta de quince segundos para o descanso o Esteo lograba o primeiro e o que ó final sería o seu único tanto do partido nun contragolpe que culminou Rubi. A segunda parte foi para esquecer, xa que os visitantes puxeron contra as cordas ós ponteses e a sorpresa da xornada comezou a fraguarse no minuto seis coa chegada do empate nunha gran xogada de Eloy. Posteriormente, xa co partido roto, chegarían dous tantos de Raúl para rematar a faena novamente Eloy a falta dun minuto para o final do partido. Un encontro que os ponteses deberán esquecer canto antes e tratar de recuperar os puntos perdidos a vindeira semana na que visitan ó pechacancelas Cafyd Pontevedra, que nesta xornada tamén deu a sorpresa ó gañar a domicilio ó 5-Coruña.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerveno, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Héctor, Bolly, Pellón e Pelu.
LEIS PONTEVEDRA: Miki, Martín, Sergio, Raúl, Miguel –cinco inicial- Martinez, Eloy e José Manuel.
ÁRBITROS: Vilas Martínez e De la Iglesia Castelao (Santiago). Tarxeta amarela a Rubi, Martín, Sergio, Raúl e Martínez.
GOLES: Min. 20 (1-0), Rubi. Min. 26 (1-1), Eloy. Min. 33 (1-2), Raúl. Min. 37 (1-3), Raúl. Min. 39 (1-4), Eloy.
INCIDENCIAS: Partido da 22ª xornada de Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal da Fraga con pouca presenza de afeccionados, uns 100 espectadores nas gradas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios