Despois de cinco xornadas o Esteo volveu a gañar na Segunda División B en partido disputado esta sábado no pavillón da Fraga. Custoulle ó equipo de As Pontes dobregar a un Espinar, equipo que tamén se xogaba moito neste encontro, pois os dous estaban na zona baixa da clasificación empatados a tres puntos e necesitaban imperiosamente a vitoria. Comezaron mal as cousas para o Esteo cando ós tres minutos de xogo os segovianos adiantáronse no marcador logo dun erro defensivo local. Tardou en chegar o empate dos ponteses nunha xogada que culminou Gerardo. Pero, pouco durou a alegría, xa que un par de minutos despois Gerardo tivo a mala fortuna de introducir o balón na súa propia portería e dous minutos máis tarde Javi marcaba un perigoso 1-3. Rubi a falta de catro minutos para o descanso acurtaba diferenzas no marcador, resultado co que se chegou ó descanso.
Na segunda parte os ponteses saíron decididos a pola vitoria e ós dez segundos de comezar Rober empata o encontro. A partir de aí o Esteo dominou máis e tivo moitas ocasións para marcar, aínda que tamén os segovianos dispuxeron de varias oportunidades, que desbaratou o meta pontés Chotto. Ós trece minutos deste segundo tempo Rubi volve a anotar poñendo por diante ós ponteses e un minuto despois marca o terceiro da súa conta particular logo dunha gran xogada. Tras este gol. todo facía pensar nunha clara vitoria dos ponteses, xa que dispuxeron de boas oportunidades para incrementar o resultado. Sen embargo, serían os visitantes, que a falta de tres minutos para o remate xogaban con porteiro-xogador, os que marcarían o 5-4 definitivo despois dun lanzamento de dobre penalti. En definitiva, tres importantes puntos para o Esteo que o distancian en tres do seu rival desta tarde. Na vindeira xornada o Esteo visita ó líder Universidad de Valladolid, que este sábado empatou a tres goles na casa do Zamora.
FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Héctor, Rubi, Rober cinco inicial- Pelu, Fran, Gerveno e Bolly.
ESPINAR ARLEQUÍN: Carlos, Javi, Óscar, Felipe, Abel cinco inicial- Luís, Isaac, Sacristán e Angulo.
ÁRBITROS: José Hevia Campa e Andrés Vanegas Betancurt, do colexio asturiano; na mesa Laura Vila Rivera, da Coruña. Amoestaron ós visitantes Javi, Óscar e Sacristán.
GOLES: Min. 3 (0-1), Abel. Min. 11 (1-1), Gerardo. Min. 13 (1-2), Gerardo en propia porta. Min. 15 (1-3), Javi. Min. 16 (2-3), Rubi. Min. 21 (3-3), Rober Paz. Min. 27 (4-3), Rubi. Min. 34 (5-3), Rubi. Min. 39 (5-4), Felipe, de dobre penalti.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á sexta xornada de liga de Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa asistencia, preto duns 250 afeccionados nas gradas do polideportivo pontés.
XUVENIL E CADETE
Na liga nacional xuvenil o Esteo empatou a dous goles co Noia nun partido no que mereceu mellor sorte. Xogaron polo Esteo: Aldrey, Pablo, Diego, Tucho, Dani Río, Alberto, Álex, Picos, Miguel e Dani. Marcaron os tantos do cadro pontés Pablo e Dani Río.
A continuación deste partido disputouse un amigable entre os equipos cadetes do Esteo e Noia, con vitoria dos visitantes por 3-4. O Esteo xogou con Yadai, Ramudo, Pablo, Pedro, Jarel, David, Sergio, César, Aitor, Julen e Román. Pedrito, Jarel e David forton os autores dos tantos ponteses.
Nova cortesía de A.F.