SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA: CD AS PONTES 5 CD CONXO 0

Terceira vitoria en catro xornadas para o equipo feminino que xa suma nove puntos, ante o Conxo de Santiago que se estrea na categoría.
Bo estreo en Liga do equipo azul, que ve como ano tras ano perde efectivos de relevancia, sen ir máis lonxe Lara, Alba, Clara ou Chipy, ou hoxe faltaban Noelia, Lau ou Mireia, pero Salido cos seus “malabarismos” consegue armar sempre un equipo moi aceptable.
No encontro de hoxe comezou adiantandose o cadro azul cun tanto de Carlota coa axuda da defensa visitante (11´), e no 35´ tras un gran pase en profundidade de Yaiza, cabalga a “Capitana” Dopico co balón e ante a saída da porteira define con maestría.
A raíz de ahí tivo as mellores ocasións o As Pontes, tras unha xogada de Patri, o balón caelle a Yaiza que golpea, despexa Laura e o esférico vai á cruceta (38´), outra de Alba tras desmarque con disparo de balón que se vai por pouco (39´), e outra de Yaiza con tiro cruzado a rentes do pau (40´).
Asi chegouse ó descanso, na reanudación, un tiro de Lía que se pasea pola área (50´), antes de que chegaran os tres goles do As Pontes en catro minutos.
No 65´non atina Silvia en primeira instancia, pero aproveita Sara para marcar por alto dentro da área (65´), o 4-0 levou o selo de Carlota que regatea a porteira e marca a porta baleira (67´) logrando o dobrete e o seu sexto gol na Liga, e o 5-0 definitivo nada máis saír, como a semana pasada, Vicky, aproveita unha xogada de Pualita pra marcar por baixo (69´).
A mesma xogadora tivo dúas ocasións máis, sobre todo no 81´ nun remate que saca Mencía baixo paus.
As mellores ocasións visitantes foron unha xogada na que Miriam queda soa pero Leti fai un paradón (79´) e un despexe de Carmela que Leti non quere arriscar a coller e o balón vai ó poste (84´).
En definitiva tres vitorias azuis en partidos na casa, A Rúa (6-0), Orzán B (5-1) e Conxo (5-0), coa única derrota a domicilio en Pastoriza (2-1).
feminino_001.jpg


A vindeira semana visitan a un equipo que se estrea na categoría e atópase nos derradeiros postos, A Baña, pero non haberá que confiarse e tentar de traer os tres puntos.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
5 CD AS PONTES. Leti, Carmela, Silvia, Jani, Andrea, Carla (Nato 45´), Sara (Vicky 68´), Patri Dopico (Vanesa 70´), Alba R (Paulita 45´), Carlota, Yaiza (Lía 45´).
0 CD CONXO. Laura, Lucía, Andrea, Iria, Enma, Uxía, Miriam, Lorena (Mencia 71´), Yolanda (Inés 61´), Maite, Ana.
Goles: 1-0, Carlota (11´), 2-0, Patri Dopico (35´). 3-0, Sara (65´), 4-0, Carlota (67´), 5-0, Vicky (69´).
Árbitro: Víctor García Villaverde (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Preto de 100 espectadores en tarde soleada.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios