RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES 6-7 OUTUBRO

O equipo de Terceira empatou a 1-1 en Cangas, adiantaronse ó pouco de comezar o encontro por medio de Nano, pero non puideron manter a ventaxa os azuis pois ós 15 minutos do segundo tempo empataron os locais, non obstante salvaron un valioso punto e xa suman 10, pero agora acheganse dúas etapas de montaña, Cerceda na casa e Vilalbés a domicilio e coma no xogo da oca sería moi interesante seguir sumando puntos.
Complicada vitoria a domicilio, 3-4 en Viveiro, pero tres salvadores puntos para o Xuvenil de Liga Galega que se sitúa con seis nunha posición algo máis desafogada que a que tiña onte cando xogaron todos os seus rivais, pasa da 15ª praza á oitava. A vindeira semana recibe ó compricado rival santiagués Atlético Fátima, 13º con 4 puntos, e deberá buscar o triunfo. Caranza con 12 e O Val con 10 lideran a táboa.
Victoria do equipo cadete de Marco Roca a domicilio, 0-3 ó Amistade de Meirás, tantos de David Rey, Nahúm e Alex Fernández. Sitúanse segundos empatados a 7 puntos co Meirás e dous por debaixo de O Val. A vindeira semana reciben ó Eume Deportivo.
Precisamente ante o gran Eume Deportivo conseguiu a vitoria o As Pontes Infantil por 3-0, os de Iván Rodríguez son líderes con 9 puntos (+21), os mesmos que Racing de Ferrol (+19) e Narón BP (+16), pero mellor goal average. O vindeiro fin de semana visitarán Neda para enfrontarse ó Rápido. Xogaron Malena, Cazás, Alejandro, Martin, Esteban, Adrián, Andrés (1), Airton (1), Josiño, Sergio, Alberte e no segundo tempo entraron Jandro (1), Diego, Jorge, Capela e Alex, nun partido moi tenso e disputado no que tres bonitos goles nos últimos minutos lle deron os tres puntos ós azuis.
infantil_001.jpg


infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
O Alevín A venceu 10-1 ó Xuventude de Cabanas, tantos de Alejandro, Jorge e Jose, por partida dobre, e Roi, Dani Dasilva, Antón Cillero e Antón Paz. Nos dous primeiros encontros empataron ante Portuarios, 1-1 (Dani Formoso) e perderon en Miño, 1-0. Levan catro puntos e visitan ó intratable, polo momento, Cariño que suma os seus encontros por vitorias.
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Comezaron a Liga os máis pequenos, os Prebenxamíns, e con sorte dispar, o Prebenxamín A venceu 1-2 ó Galicia de Caranza D, tantos de Alex e Diego, namentres que o Prebenxamín B caeu no Poboado 1-9 ante o Perlío, tanto da honra de Anxo Blanco. O A recibe ó Rápido de Neda B a vindeira semana e o B visita ó Racing San Pedro.
prebexamin_001.jpg
prebexamin_001.jpg
prebexamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios