SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA: CD AS PONTES 7 SD A BAÑA 0

Contundente triunfo do equipo feminino no primeiro encontro do novo ano 2013.
Tras unha ocasión de Carlota nada máis comezar, adiantouse o As Pontes con dous tantos consecutivos de Lía, a filla do gran Palotes, no 13´e 18´. No 31´, tras un centro de banda que non atina a coller a porteira aproveitase Carlota, que nestes primeiros 45 minutos fixo algunha diablura e algún tacón, chegando dende a banda esquerda para facer o 3-0.
Xusto antes do descanso incluso puido marcar Yaiza pero o seu disparo saiu a rentes do pau.
Nada máis comezar o segundo tempo a correcaminos Alba foise en velocidade pero disparou alto (46´). No 49´, dende o borde da área a pequena dos Cabarcos, Mireia, mandou un zapatazo que se colou pola escadra, facendo o 4-0.
Tras unha gran xogada por banda de Alba, a gardamallas non consigue reter o balón, e Paula, que deixou alguns destellos de calidade, a medio metro e coa porta baleira, enguedellouse e ó final unha defensa desviou a corner (51).
Tras un saque de falta lateral que bota a Capitana Dopico (58´), unha defensa despexa hacia atrás, e o balón acabase colando na portería (5-0).
Tiveron sen embargo as visitantes as súas oportunidades, e nun dos dous xogadóns dignos de Primeira División que fixeron, Gabriela mandou ó poste e logo Daniela en boca de gol mandouna fora (65´).
Tras un forte disparo de Lía no 72´, un minuto máis tarde, Vicky, que sempre sae de revulsivo coa caña preparada, aproveitase dunha indecisión da gardamallas visitante pra facer o 6-0, e no 83´ tras un xogadón de Carlota que regateou polo flanco esquerdo a catro rivais, acaba marcando Paulita o definitivo 7-0.
Aínda puido aumentar o cadro azul o marcador tras unha gran xogada de Alba, que se vai soa en carreira, pero volve a disparar por alto (86´).
Novena victoria e 27 puntos pra un As Pontes que afianza a quinta posición. Compricada visita a semana que vén a terras lucenses, visita á casa do segundo clasificado, Monte Forte.
feminino


Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
7 CD AS PONTES. Leti, Mireia (Andres 59´), Nuria, Sara (Carmela 45´), Silvia, Noelia Ameneiro, Lía, Patri Dopico (Vicky 59´), Paula, Carlota, Yaiza (Alba R 45´).
0 SD A BAÑA. Eva, Sheila (Gabriela 61´), Rosi, Rocío, Ana, Lidia (Lucía 78´), Daniela, Lucía Freire (Dolores 78´), Bea, Lucía Cobas, Marta (Estefania 71´).
Árbitro: Pita Lorenzo (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Uns 75 espectadores, en mañá de nubes e claros e moi chuviosa por momentos.
Goles: 1-0, Lía (13´), 2-0, Lía (18´), 3-0, Carlota (31´). 4-0, Mireia (49´), 5-0, Patri Dopico (58´), 6-0, Vicky (73´), 7-0, Paula (83´).
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios