SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 0 SDR NUMANCIA DE ARES 1
Nova derrota do segundo equipo que o deixa unha semana máis nunha situación cada vez máis complicada.
Nos primeiros minutos o As Pontes chegou con perigo por medio de Borja, Púas e Fernando, pero foi á media hora de xogo cando marcaron os visitantes de vaselina.
No segundo tempo as aproximacións máis perigosas dos locais foron tres ocasións de Púas, a máis clara, un cabezazo ó longueiro no 65´, tamén o porteiro xuvenil de segundo ano, ex selección ferrolá sub17, Carlos Arnoso, estivo atinado e o marcador non se moveu.
O Valdoviño é último con 12 puntos, depois estarían empatados As Pontes e Barallobre con 19, o rival máis próximo pola permanencia sería o Rápido de Neda con 23 puntos. O resto de equipos a día de hoxe semellan difíciles de
alcanzar, principalmente porque pra subir postos hai que sumar, mellor de tres en tres, e o equipo azul fai máis de tres meses que non gaña un partido.
Aínda quedan dez xornadas e a gran final pra este equipo é a visita a semana que vén a Neda, onde hai que gañar si ou si pra manter un mínimo de esperanza.
Xogaron por parte do equipo de Calpita, Juan, Antón, Alex Antón (Hugo Gegúndez 45´), Carlos, Fran, Donapetry (Hugo Cascudo 45´), Xabi Pellón, Danilo (Adrián Criado 45´), Borja, Fernando (Fermín 75´) e Púas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.