Segunda xornada de clasificación da Liga Galega de equipos

O domingo 4 de novembro terá lugar a segunda e última xornada da fase de clasificación da Liga Galega de Equipos. Como a primeira rolda, esta celébrase no Pavillón Municipal das Pontes e será en horario de mañá, comezando o quencemento ás 9:30, e a competición ás 10:30.
Con dous grupos de seis equipos cada un, volverase a desputar unha liguilla, a unha soa volta, entre os equipos de cada grupo para facer a clasificación de cada un coa suma de puntos das dúas xornadas de clasificación.
O Clube Sílex parte no grupo 1 na primeira posición despois de vencer en tódolos enfrontamentos da primeira xornada. Para este domingo poderá contar cos seis compoñentes que inscribíu nesta competición: Cristina Castro, Daniel Castro, Miguel Alvariño, Pablo López, Javier Vázquez e Carlos Romero. Tendo a Alvariño como principal referente do equipo tras os logros acadados no último mes e medio tanto nos trofeos celebrados en Galicia coma no clasificatorio para o equipo nacional.
Liga-Galega-Xeral-1.jpg


Tratarán entón de manter esa primeira praza para ter un mellor corte na fase final.
De cada grupo pasan os catro primeiros para loitar, en eliminatorias directas, polo título de campión e os postos ata o oitavo. Os dous restantes de cada grupo cruzaranse entre eles para completar a clasificación final dos 12 equipos.
Liga-Galega-Xeral-2.jpg
Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios