Amigus
As Pontes

SEIS PROPOSTAS INFANTÍS NA PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTE MES DE ABRIL

O concello das pontes presenta dentro do programa cultural do mes de abril propostas de música, danza, teatro e literatura para os máis pequenos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O concello das pontes presenta dentro do programa cultural do mes de abril propostas de música, danza, teatro e literatura para os máis pequenos. Un programa plural con variedade de xéneros que ten por obxectivo crear novo público a vez que presenta a arte escénica como unha forma de entretemento.

Venres 1 Abril TEATRO.Compañía PATA TEATRO “ EL ÁRBOL DE MI VIDA” (MÁLAGA).

A obra narra en tono de comedia, a vida dun matrimonio, El e Ela, que comparten a súa existencia xuntos.

Gústalles sentarse a recordar os momentos felices e a súa historia.

Público familiar (nenos de 4 a 12 anos). CINE ALOVI 17.00h. Duración: 60 minutos
PREMIO FETEN 2015 (Feira europea de teatro para nenos)

Sábado 2 de Abril. LITERATURA E MÚSICA.- PACO NOGUEIRAS presenta o disco Brinca Vai.

Público familiar. “ ¡Brinca vai¡ é un libro-disco con 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ás 12.00h (duración aproximada 1 hora · entrada gratuíta)

Sábado 9 de Abril MÚSICA.- MAMÁ CABRA presenta “15 primaveras”

Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fará un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de “Concerto-Teatro” no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

Público familiar – CINE ALOVI 17.00h duración 60 minutos

Sábado 16 de Abril .- DATE DANZA “Cuál es mi nombre” (GRANADA)

Espectáculo de danza- teatro; Un sofá que é un tren, unha alfombra convertida nun espello, una montaña de herba que se move, lámpadas de amapola e ti e eu! Cal é o teu nome..? Si, ti, Como te chamas?

Público familiar, nenos a partir de 2 anos.
CINE ALOVI 17.00h · duración: 60minutos

2 PREMIO FETEN 2015 (Feira europea de teatro para nenos) e nominación aos PREMIOS MAX.

DÍAS 20,21 e 22 de Abril COMPARTIMOS LECTURAS

Unha actividade para celebrar o día do libro. Onde podes participar lendo ao resto dos usuarios da biblioteca un anaco do teu libro favorito.

Para todas as idades · BIBLIOTECA MUNICIPAL 18.00h

Sábado 23 de Abril TEATRO .-XAROPE TULÚ presenta “a miña primeira viaxe”

Este espectáculo é unha adaptación do libro-álbum do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal. A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana. Un bebé viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido, non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores.

Público familiar nenos de 4 a 12 anos. BIBLIOTECA MUNICIPAL 12.00h

Nova cortesía do Departamento de Cultura do Concello das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios