SEMIFINAL PLAY OFF. CR FENDETESTAS 20 – MURALLA LUGO RC 10

O equipo pontés xogará o ascenso contra o Zalaeta de Arteixo

O equipo pontés de rugbi Fendetestas venceu este domingo á mañá na súa semifinal do play off de ascenso ó Muralla de Lugo, equipo que precisamente militara na Primeira Galega a tempada anterior.

Nun encontro moi complicado, como non podía ser doutra maneira, marchouse ó descanso con 3-3. E non foi ata os últimos vinte minutos cando puxeron terra de por medio os ponteses con tres ensaios, namentres os lucenses maquillaron o resultado co tempo cumprido.

Dous ensaios de Antonio, e un de Rober, que anotou tamén un golpe de castigo e un lanzamento a paus.

Xogaron Antón (Gallardo 61´), Pablo (Roberto 75´), Joel, Toño, Rober, Xose, Antonio, Javier (Luis 61´), Miguel, Iván, Andrés, Óscar, Víctor, Ángel (Asier 41´), Anxo.

O Fendetestas xogará agora á final contra o Zalaeta de Arteixo, que venceu na outra semifinal ó Santiago por 8-3.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios