Sensacional actuación de Gema Buitrón no prestixioso Villa de Madrid

A arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas tivo unha gran actuación esta fin de semana no torneo Internacional Villa de Madrid, onde se deron cita os mellores arqueiros estatais, e tamén representantes de outros países. Xa na rolda calificatoria Gem sumou un total de 635 puntos, aventaxando en 15 á súa gran rival, Magali Foulón.
Na rolda final foi vencendo sucesivamente a María Coronado (dezaseisavos), Anna Costa (octavos), María Antonia Oroza (cuartos), á prometedora naronesa Iria Grandal (semifinais), para acabar derrotando a gran Magali Foulón na final.


En recurvo masculino, Andrés Gómez impúxose a Daniel Morillo, namentres que en arco composto Jose Ignacio Catalán venceu a Víctor Canalejas, e como non, a tres veces subcampiona do mundo Fátima Agudo impuxose a Irene Cuesta.
Por equipos ganou o Sant Josep en Forma integrado por Foulón, Miriam Alarcón e Isabel Colomar, namentres que o Silex Narón integrado por Buitrón, Grandal e Cristina Maroñas quedou en segunda posición. No resto de categorías gañaron os clubs Eivissa Pat Humanitat (recurvo masculino), Informática Compuesto (compsoto masculino) e Sagitta Compuesto (composto femenino).
Gema iniciará as probas da Copa do Mundo en Maio.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios