Solidarizámonos coas víctimas dos atentados de Madrid

Desolados polo horror e a impotencia @migus quere expresar públicamente a súa condena e rechazo frontal aos asasinatos que hoxe aconteceron en Madrid.

lazo_negro.jpg

Nada pode xustificar unha matanza como a hoxe vivida na capital de España.
No noso nome e no de tódolos nosos lectores, queremos mostrar a nosa solidariedade coas víctimas, seus familiares e amigos, así como a máis firme repulsa á idea de que a violencia pode ser unha alternativa para expresar ou conseguir algún tipo de ideal.
Paz para todos.


Se queres expresarte, dentro das normas da cortesía (non toleramos insultos ou expresións contrarias ao dereito), faino nos comentarios.

También podría gustarte
Comentarios