Sorpresas nos Cuartos de Final da Copa Local de Futbol Sala de AS Pontes 2017

O pasado domingo día 14 de Maio no Pavillón Municipal de As Pontes disputaronse os Cuartos de Final da Copa Local de Futbol Sala de As Pontes.

O pasado domingo día 14 de Maio no Pavillón Municipal de As Pontes disputaronse os Cuartos de Final da Copa Local de Futbol Sala de As Pontes. Uns cuartos de final emocionantes e igualados que comezaron ás catro da tarde co encontro entre o Estanco Maricarmen e O Esteo F.S. “B”. Un encontro adiantado xa que se ia xogar ás oito do serán e no que o Estanco Maricarmen logo dun primeiro tempo moi igualado conseguiu a victoria por 4 goles a 2 a pesar de levar mais dun mes sen competir.

Acontinuación ás cinco da tarde o Husse-Barbarroja deu a primeira sorpresa da tarde eliminando A Cova dos Trasnos por 4 goles a 3 nun encontro no que A Cova dos Trasnos partía como gran favorito a levarse a vitoria pero non foi o seu mellor encontro da tempada e pagouno coa eliminación da Copa, sin desmerecer o mérito do Husse-Barbarroja que soubo como parar o poder atacante do seu rival.

Ás seis da tarde a Unión Futbol Sala conseguiu golear ao o Bar Calvo por 7 goles a 1. Encontro que se prevía mais igualado do que en realidade foi e onde o Bar Calvo foi unha sombra do conxunto que gañou a Liga.

E por último, o Pinturas Colormix deu a segunda sorpresa da tarde ao derrotar a Matojoma-Las Torres por 5 goles a 4. Nun encontro no que se poñia por diante no Marcador o Pinturas Colormix pero o Matojoma-Las Torres conseguía darlle a volta ao marcador antes do descanso co 1 a 2 e cando todo parercia indicar que o Matojoma-Las Torres marcar distancias na segunda metade, foi o Pinturas Colormix o que lle deu a volta a eliminatoria situando un 4 a 2 que parecía sentenciar a eliminatoria pero ainda haberia tempo para dous goles mais un para cada equipo polo que o marcador final seria de 5 goles a 4 a favor dun Pinturas Colormix que consumaba así un dos mellores partidos que disputou esta tempada.

A continuación deixamosvos cos resultados dos Cuartos de Final da Copa Local de As Pontes 2017.

ESTANCO MARICARMEN – 4 – O ESTEO F.S. “B” – 2
HUSSE-BARBARROJA – 4 – A COVA DOS TRASNOS – 3
UNION FUTBOL SALA – 7 – BAR CALVO – 1
PINTURAS COLORMIX – 5 – MATOJOMA-LAS TORRES – 4

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios