Amigus
As Pontes

S.O.S. CIRCULO LÍTICO NA MOURELA !!!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

como saberedes, se non se fai nada, as palas da construcción da autovía e o mal governar destruirán o circulo lítico da mourela, único en galicia.
HOXE LUNS ÁS 20:00 – REUNIÓN ABERTA na biblioteca municipal da recén creada Plataforma Cidadá na Defensa do Circulo Lítico da Mourela, para ver como está o tema e convoca-la manifestación que se fará mañá co obxetivo de paraliza-las obras nese punto clave, e replantexa-lo asunto.
MAÑÁ MARTES ÁS 19:30 – MANIFESTACIÓN na Praza do Hospital.
Despois, ás 20:30 horas terá lugar unha charla informativa para analizar a situación actual e definir as medidas a levar a cabo nos seguintes días, nos que está previsto o comezo das obras.
Plataforma Cidadá na Defensa do Circulo Lítico da Mourela

PLATAFORMA.jpg

circulo_prensa.jpg


Manifesto
A Plataforma cidadán en defensa do círculo lítico da Mourela, recentemente creada por iniciativa dos veciños das Pontes e independente de calquer partido político, quere manifestar por medio desta nota de prensa as súas reivindicacións polas inmediatas obras do tramo da autovía As Pontes-Cabreiros, que suporán a desaparición definitiva do devandito haxazgo arqueolóxico.
Cabe apuntar que o problema nace co anterior goberno da Xunta, en tanto que o estudo de impacto ambiental do tramo non se recollía a existencia do haxazgo.
Non obstante, ao longo da pasada semán, parece que as presións da actual Consellería de Política territorial e das empresas adxudicatarias (“Puentes y carreteras” y “Viviendas y Ferramentos”) fixeron efecto no que en teoría é a entidade administrativa con maior capacidade para a preservación do patrimonio histórico de Galicia, como é a Direción xeral de patrimonio, dependente da Consellería de Cultura.
Así, a partir deste martes día 9 de maio, unha vez finalizado os dez días de permiso de excavación que dita entidade concedeu ao Laboratorio de investigacións arqueolóxicas do Concello de As Pontes; os 5.000 anos de historia do círculo lítico serán aniquilados polas maquinarias das empresas adxudicatarias da construción.
Se ben a autovía Ferrol-Vilalba é algo esencial para o futuro desenvolvemento do Concello das Pontes, e que o retraso da súa finalización suporía un incremento do orzamento inicial, non é motivo como para non aumentar a marxe de tempo para levar a cabo as investigacións pertinentes sobor dun elemento patrimonial de gran importancia non só a nivel local, senón tamén galego e europeo.
A cidadanía pontesa non pode quedar impasible ante tal “barbarie”, polo que convocamos a todolos/as veciños/as das Pontes a unha concentración que terá lugar o martes día 9 ás 19:30 horas na praza do hospital. Despois, ás 20:30 horas terá lugar unha charla informativa para analizar a situación actual e definir as medidas a levar a cabo nos seguintes días, nos que está previsto o comezo das obras.
A concentración só sería descombocada en caso de que algún cargo público competente tomara cartas no asunto e paralizase as obras temporalmente.
POLA DEFENSA DO PATRIMONIO HISTÓRICO DAS PONTES.
Plataforma cidadán en defensa do círculo lítico da Mourela

circulo_litico.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios