Susana Castro, campiona galega absoluta de Heptatlón
A atleta pontesa Susana Castro Pena proclamouse esta fin de semana campiona galega absoluta de heptatlón no campionato de probas combinadas que se celebrou en Pontevedra.
Susana foi primeira na súa proba de 800 metros lisos con 2:27:06, tamén en xabalina con 23.99 metros, e en peso con 7.67 metros. Foi segunda en salto de altura con 1.52 metros, terceira en 200 metros lisos con 28:01 e en salto de lonxitude con 4.69, rematando cuarta en 100 metros valados con 17:90.
Finalizou a competición coa mellor puntuación de 3721 puntos, o que lle otorgou a medalla de ouro, plata foi Leticia Gil con 3530 e bronce Mónica Cabirta con 3270.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro