PARTIDO AMIGABLE: CD AS PONTES – BETANZOS CF (1-4)
Nova decepción no campo do Poboado, onde o As Pontes, que contaba con varias baixas, saiu goleado (1-4) polo Betanzos en partido amigable xogado no recinto deportivo pontés diante duns cen espectadores.
AS PONTES: Kiko, Jorge, Gorgoso, Chote, Boo, Brais, Seco, Esmorís, Dani, Rebolo e Adriano. Tamén saíron Hugo, Suso Peña e Troncho.
BETANZOS: Darío, Muñiz, Seijas, Poncela, Samaniego,, Bouza, Muíña, De la Torre, Xoel, Marcos e Dani. Despois entraron: Arume, Alfonso, Javier Eume, Luis, Fran, Álvaro, Adrián e Andrés.
GOLES: Minuto 17 (0-1), Muíña. Minuto 41 (0-2), De la Torre. Minuto 65 (0-3), Álvaro. Minuto 79 (0-4), Andrés. Minuto 85 (1-4), Dani.
Segue sen funcionar o novo proxecto do equipo das Pontes, que este ano reforzou o seu plantel co obxectivo de loitar polo ascenso de categoría. Sen embargo, polo visto ate o de agora no campo do Poboado, terán que mellorar moito as cousas para que esto poda sair adiante; porque, igual que nos dous partidos anteriores diante do Cerceda e Rácing Vilalbés, o cadro pontés amósase falto de ideas, descordinación entre liñas, dá moitas facilidades en defensa e ó mesmo tempo os seus homes punta non son capaces de perforar a portería contraria.
Nesta pretemporada, tres partidos disputados no campo do Poboado, cun balance de tres derrotas, nove goles encaixados e tan só un marcado. Con este pobre bagaxe pouco máis se pode dicir dun As Pontes que novamente decepcionou ós seus afeccionados, que esta temporada están ilusionados co ascenso á terceira división.
É de esperar que os próximos compromisos contra o Somozas e Santaballés as cousas melloren.
Nova cortesía de A.F.