TALLER DE ALFOMBRISMO AS PONTES

Representantes da Asociación de Alfombristas de Bueu impartiron durante toda a xornada de onte un taller de novas técnicas no Concello das Pontes, nunha iniciativa na que tomaron parte 34 persoas non só da localidade, senón algunha delas chegada desde outros puntos da xeografía galega.

O obradoiro supón darlle continuidade á colaboración que o colectivo xa fixo nese concello en outubro do pasado ano coa elaboración dunha alfombra didáctica. Nese momento acordouse realizar un taller máis adiante, que é o ofrecido onte.

A xornada matinal serviu para manexar os conceptos máis teóricos e elaborar o persoal mentres que pola tarde disertouse sobre os materiais e explicouse a técnica para realizar os perfís, así como procedeuse a traballar co tintado dos materiais.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios