TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – SD DUBRA 1

Táboas no Poboado entre As Pontes e Dubra, que seguen en postos de descenso.

1 CD As Pontes. Paco, Sergio Criado, Buyo, Prieto, Callón, Pablo Rubio (Cristian 54´), Pablo Ramos (Marcote 89´), Álvaro Rey, Rubén Pardo, Edi, Ibou.
1 SD Dubra. Brais, Juan Caneda, Leites, Cholo, Munín, Bendaña (Kilo 82´), Ferreiro, Peque (Facal 67´), Eloy, Adrián Vázquez (Gonzalo 67´), Dani Moto.
Goles: 0-1, Dani Moto (22´). 1-1, Pablo Ramos (53´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, en tarde soleada.
Árbitro: Alberto Gómez Lameiro (Pontevedra). Auxiliado por González Caramés e Soage Fernández. Amarelas a Edi, Ibou, Leites, Ferreiro e Gonzalo.

Reparto de puntos en O Poboado entre As Pontes e Dubra en encontro xogado este domingo correspondente á quinta xornada. Os visitantes quedan na táboa con tres puntos, e os ponteses con dous, ambos en zona de descenso.

O partido tivo dúas partes moi diferenciadas, e se ben o recén ascendido Dubra puido sentenciar no primeiro tempo, no segundo foron os azuis os que mereceron claramente os tres puntos.

Nos primeiros compases do encontro o xogador que levou máis perigo foi o senegalés Ibou, que debutaba en liga, se ben na primeira aproximación visitante con perigo, é Eloy quen controla en área pontesa, non acerta a despexar a defensa, e aproveitao Dani Moto, para marcar situando a pelota no segundo pau onde non pode chegar Paco (22´).

Despois foi Ferreiro, quen incorporándose só por banda dereita disparou ó pau, tras tocar o xusto Paco, e o balón merodeou pola área local sen atopar rematador (29´). Noutra internada do mesmo xogador remata alto (35´).

Antes do descanso sacudiuse un pouco a presión o cadro de Marco Roca, e Callón tivo unha moi clara, nun centro tras xogada por banda na que quedaron desmarcados ata tres xogadores locais, e rematou pegado ó poste (41´). Antes do descanso é Edi quen cabecea e chapa sen problemas Brais (43´).

A segunda metade foi de neto dominio pontés, e xa pronto, tras un centro dende banda esquerda, non acerta a rematar en primeira instancia Ibou, pero si Pablo Ramos, que cun puntapé colocaa por alto a onde non pode chegar de cabeza un defensa visitante baixo paus (53´).

Posteriormente Cristian tivo dúas boas ocasións, nunha prantase só e o seu disparo salvao Brais coa man esquerda (57´). Posteriormente, o xogador coruñés revólvese no borde da área, pica o balón, e toca o xusto Brais para desviar a córner (61´).

Por parte do conxunto amarelo, resaltar apenas unha contra na que o habilidoso Ferreiro, que foi dono e señor da súa banda, e xogador visitante que creou máis perigo, habilita a Facal, que chega dende atrás, pero o seu disparo desvíao con apuros Paco a córner (70´).

O porteiro visitante arrisca demasiado nunha xogada e casi lle rouba o balón Ibou (74´), pero sen embargo voltou a salvar o empate nunha clara ocasión de Rubén Pardo, ó que lle caeu o balón no segundo pau, en boca de gol, a medio metro, e salva el milagreiramente o porteiro con ambas mans (78´), ó igual que nun cabezazo de Buyo tras saque de córner que desviou in extremis por riba da portería (81´).

Os últimos minutos foron un toma e daca por ambos conxuntos pero non se desnivelou a igualada final, que serve de pouco a ambos conxuntos. Os ponteses visitarán a un Compostela necesitado tras perder 2-1 co Castro e tampouco o terá doado o Dubra que recibe a un Vilalbés que suma cinco triunfos consecutivos.

Primeiro punto a domicilio do Dubra na Terceira División, e no Poboado, onde perdera as anteriores catro veces en competición oficial, 2-0 en Primera Rexional na 78-79, e nos tres enfrontamentos consecutivos en Preferente, 2007-2010, un 5-1 e dous 2-0.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios