TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CD RIBADUMIA 1

O As Pontes despide a primeira volta coa súa segunda vitoria

Houbo que agardar a que finalizara o 2016 e a primeira volta, para ver a segunda vitoria do As Pontes, a anterior fora ante o colista Ordes, tamén polo mesmo marcador.

Sin ser un gran partido, o conxunto de Marco Roca dominou máis, ante un Ribadumia que apenas creou perigo. O protagonista do encontro foi o ferrolán Pablo Ramos, autor dos dous tantos, nun partido non exento do tradicional sufrimento no desconto do conxunto azulón.

Pese a que eran os visitantes os que avisaban cun forte disparo de Camiño dende fora da área que despexa a córner con apuros Paco (8´), respondeu o As Pontes cun gran pase en profundidade de David González a Pardo, quen quere regatear ó porteiro pero o remate acabao despexando coa perna Manu Táboas, o xogador ex internacional sub19, da canteira celeste (12´). Logo é Ramos quen cabecea alto o saque de córner (13´).

A unha internada perigosa de Ibu (15´), seguíronlle dúas de Buyo, pero o lateral esquerdo, disparou cruzado primeiro (33´), e despois por alto (41´).

Cunha inmellorable ocasión acabou a primeira parte, i é que tras unha asistencia de David dende banda dereita, o balón quedalle morto entre as pernas ó xogador senegalés, que se revolve, e con toda a porta para él, mandaa fóra (45´).

O conxunto de Marco Roca apretou tralo descanso. Centro dende o lateral dereito de David, e non acertan a rematar Pardo en primeira instancia nin Callón na segunda (47´).

Pero pouco despois chegou o primeiro gol, noutro centro do vástago de Jose Ramón dende a súa banda, que Pablo Ramos, desfaise do seu marcador co control, e na área pequena, envía o balón ó segundo pau, a onde non pode chegar Manu (48´).

Co gol replegouse un pouco o conxunto azul, non obstante puido chegar o segundo, xa que un balón que quedou morto na área visitante, empalao Buyo ó fondo das mallas, pero o árbitro debeu apreciar algunha infracción, pois o fóra de xogo non existía (67´).

Puido anotar Rubén Pardo. O xogador de Ortigueira regatea a Manu, pero coa portería sen cubrir, escorado, non consegue definir, nin posteriormente David, que se lía no regate (73´).

Pero si que estivo fino o ribeirense noutro centro, que volve a aproveitar Ramos, para, tras quedarlle o balón morto, facer un escorzo, que lle volveu a prantar ante Manu, anotando tras disparar ó segundo pau como no tanto anterior (77´).

Apenas apretou o conxunto de David Sierra salvo nos últimos minutos, xa que nun balón colgado remata fóra co corpo Iago (93´), e cómo o tempo engadido faiselle moi longo ós azuis, nunha contra recurtou distancias Fran Fandiño de forte disparo, metendo o medo no corpo á parroquia local (95´). Sorte que non houbo tempo para máis e os locais despiden 2016 coa súa segunda vitoria.  O Ribadumia remataa con 24 puntos, e con sumar outros 20 na segunda volta, en principio teríao case todo feito.

Ó mesmo tempo, na súa terceira confrontación, tamén é a segunda vitoria do cadro azulón no Poboado ante o Ribadumia. Venceron 1-0, tanto de Dani, a pasada campaña, e recordase o 1-4 da 2014-15, co póker de goles do gran Changui.

Sen deixar de lado a gran alegría de hoxe, o saldo da primeira volta é malo, penúltimos con apenas trece puntos, resumidos en dous triunfos e sete empates, por dez derrotas.

Quizais a campaña 1984-85, a primeira en Terceira División, resulte parecida, i é que apenas se gañara ó Noia (1-2), ademáis de lograr seis empates, nas quince primeiras xornadas. Si ben é certo que o entonces Endesa rematara a primeira volta de forma inmellorable gañando ó Coruxo (1-0), e ó Club Turista (1-2) e Alondras (0-1).

O máis destacable deste primeiro tramo ligueiro do equipo azul estes meses, foron a segunda parte ante o Dubra, e sobre todo un magnífico primeiro tempo ante o Barco.

Un conxunto penalizado por moitos puntos que se escaparon no último suspiro, ten un trascendental encontro para na benvida ó 2017, i é que comeza a segunda volta recibindo a un rival directo como é o Céltiga, co que se perdeu 2-0 no Salvador Otero no inicio de liga.

2 CD As Pontes. Paco, Criado, Buyo, Callón, Edi, Prieto, Ramos, Rubio, Ibu (Marcote 82´), David González (Álvaro Rey 86´), Pardo (Samu 89´).

1 CD Ribadumia. Manu, Pacheco (Ander 76´), Anxo, Bugallo, Iago, Jony, Hugo, Gabi (Paco 72´), Mou (Agus 63´), Camiño, Fandiño.

Goles: 1-0, Pablo Ramos (48´), 2-0, Pablo Ramos (77´), 2-1, Fran Fandiño (95´).

Árbitro: Jose Manuel Cives Enjo (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Rodríguez Penas e Suárez Carnota. Amarelas a Samu, Edi, Marcote, Mou e Ángel.

Campo e Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 75 espectadores, en tarde fría e primeira parte soleada. Partido da 19ª xornada, última da primeira volta.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios