TERCEIRA DIVISIÓN. SD DUBRA 0 – CD AS PONTES 2

O As Pontes consigue a terceira vitoria da tempada a pesar de xogar con dez toda a segunda metade.

O As Pontes consigue a terceira vitoria da tempada a pesar de xogar con dez toda a segunda metade.

Inesperado triunfo do As Pontes en Val do Dubra, despois de xogar con dez todo o segundo tempo. Consegue así o terceiro da temporada, tralo 2-1 a Ordes e Ribadumia.

Presentábanse no Juan Baleato dous equipos con apuros na táboa clasificatoria e empatados a 14 puntos. E a primeira metade foi de dominio local.

Avisaba Mykolas cun tiro pegado ó poste que desviaba tocando o xusto Paco (3´). Respondeu o As Pontes coa única ocasión que tivo nos primeiros 45 minutos, nun remate raso de Pardo, que a piques estivo de empalar Fran Cortés, pero anticipouse por un suspiro Iván (9´).

Un centro de Mykolas non o cabecea a gol o ex pontés Eloy porque despexou in extremis Abraham, e un posterior remate de Leitis rebota en Rubén e acaba en córner (14´).

Tras unha xogada a balón parado, quedou completamente só Leitis, e por fortuna botaselle enriba Paco (21´). Logo é Adrián, quen en posición inmellorable, manda por alto (22´). Nova ocasión dentro da área visitante, remate de Eloy e o balón rebota nun defensa (24´).

Colmo de males, nunha contra, e quedando só como último defensa Edi, esvara nunha charqueira, agarra ó dianteiro rival que se marchaba só, e recibe o vermello directo (38´).

Miragrosamente o As Pontes saiu vivo deste primeiro período, dando a impresión de defenderse como gato panza arriba, sen apenas crear perigo de medio cara arriba, so con algunas internadas de Pardo, algún pase de Troncho, e pouco máis, ante un equipo que levaba conseguidos só dous dos últimos trinta puntos.

Sorprendentemente saiu máis motivado o conxunto visitante nos primeiros compases do segundo tempo a pesar de xogar cun menos, pero foi Adrián Vázquez, cun tiro dende o vértice da área a un segundo pau algo desguarnecido, que non marcou por un suspiro (51´).

Pero cando semellaba que o As Pontes tería que aguantar o empate numantinamente o tempo restante, nunha contra, tras un centro dende banda dereita, cabecea chegando dende atrás Pardo e o balón acaba no fondo das mallas (66´).

Volveuna a ter o cadro local, cando Eloy se lle vai a Rubén, dispara, atalla Paco como pode, e o balón rebota en Criado coa fortuna de que se vai por riba do longueiro (78´).

Pero voltou a sorprender o tanque de Ortigueira, que se desfai do lateral dereito, fai un quiebro, coloca o balón no segundo pau, e este entra tras tocar levemente no poste (79´).

Seguía tentandoo con todo o cadro local, e o As Pontes sacudíase a presión como podía. Paco saca un diasparo perigoso cos pés (84´), pero daba a impresión de que por moito que o intentase o Dubra hoxe non conseguiría marcar aínda xogando un terceiro tempo.

O encontro de ida acabou 1-1, con moitas ocasións pontesas no segundo tempo, e nesta ocasión foi ó revés. O As Pontes mantivo o 0-2, e sitúase antepenúltimo con 17 puntos, antes de recibir ó histórico Compostela. Dende o 24 de Abril do ano pasado non gañaba o equipo pontés coma visitante. Daquela vencera 1-3 ó Noia con tantos de Santi, Cañi e o propio Pardo.

No quinto enfrontamento oficial en Dubra, o primeiro na Terceira División, terceiro triunfo do As Pontes, por dous empates.

0 SD Dubra. Iván, Juan Caneda, Gesto, Cholo (Facal 43´), Munín (Martín 83´), Mariño, Leitis, Mykolas (Pablo Mato 68´), Eloy, Adrián Vázquez, Ferreiro.

2 CD As Pontes. Paco, Criado, Rubén, Callón, Abraham, Edi, Diego Núñez, Troncho, Fran Cortés (Ibu 80´), David (Caique 60´), Pardo.

Goles: 0-1, Rubén Pardo (66´), 0-2, Rubén Pardo (79´).

Árbitro: Javier González Arévalo (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Blanco Rodríguez e Casanova Vázquez. Amarelas a Rubén, Troncho e Buyo. Expulsou a Edi con vermello directo no 38´.

Campo e incidencias: Juan Baleato. Uns 200 espectadores en tarde encapotada. Partido da 24ª xornada.

 

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios