TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 PORTONOVO 1

Reparto de puntos no retorno do As Pontes a Terceira División oito anos despois. Nunha primeira metade de ocasións para ambos equipos, a primeira foi para os locais, no 10´pase en profundidade de Ivan Gonzalez que nin Vidal nin Bossa acertan a definir ante a saida de Javi Diaz. Logo chegaron ocasións para Nel (12) e Fran Pestaña (16´) que tira fora por pouco. No 22´ xogadón de Pablo que é despexado a corner por Javi. No borde do descanso Bossa desde fora da area e coa sua habitual sutileza marca pola escadra no 44´. Pero na segunda parte o As Pontes replegouse e os visitantes foron a polo empate, a pesar de todo tivo boas ocasións o equipo azul, Javi López no 50´ e algunas boas internadas por banda do revulsivo Felipe, pero cerca do final nunha indecisón da zaga local Simón fai un penalti que transforma Oscar Guimerans firmando o empate definitivo.
cdaspontes_0001.jpg


CD AS PONTES 1. Simón, Rochela, Juan (Javi Lopez 8), Diego, Schuster, Dani, Iván, Vidal, Hugo, Bossa, Pablo (Felipe 62).
PORTONOVO 1. Javi, Óscar, Tinaia (Jesús 82), Adrián, Jorge, Sergio, Óscar Guimerans, Diego (Turu 45), Nel (Pablo 91), Fran, Álex.
Goles: 1-0, minuto 44, Bossa, 1-1, minuto 87, Óscar Guimerans, de penalti.
Árbitro: Roberto Vilariño López (A Coruña). Auxiliado por Patiño e Del Río Amor. Amonestou ós visitantes Adrián, Sergio, Alex e ó local Simón.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 200 espectadores.
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios