Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: S.D. XOVE F.S. – O ESTEO F.S. (2-4)

Despois de dúas derrotas consecutivas, o Esteo volveu á senda das vitorias tras gañar en terras luguesas ó Xove por 2-4, a pesar de que o equipo pontés acudía con moitas baixas nas súas filas, polo que Diego Paz tivo que convocar a catro xuvenís. O encontro estivo moi disputado, sobre todo na primeira parte, chegando o primeiro tanto a prol dos ponteses por mediación de Pellón de disparo directo. Pouco durou a alegría no equipo das Pontes, xa que os locais lograban remontar con dous goles, o segundo de penalti, chegándose ó descanso co resultado de 2-1. Nos segundos vinte minutos o Esteo saíu a por todas e pasou a dominar totalmente ó rival. Ós tres minutos de novo Pellón empata o encontro. Posteriormente o xuvenil Pablo lograba o 2-3 e a falta de catro minutos para o remate do partido, Gerardo conseguía o cuarto tanto, resultado que ó final sería o definitivo. O Esteo pecha a temporada, como campión de liga e novo equipo de Segunda B, o vindeiro sábado recibindo no pavillón da Fraga ó Carballiño.
O-Esteo-FS-2012-13.jpg


FICHA DO PARTIDO
S.D. XOVE FS: Ismael, Marcos, Dani Díaz, Iago, Dani López –cinco inicial- Darío, Iván, Alejandro, Jesús e Francisco.
O ESTEO FS: Iván, Pellón, Gerardo, Fran, Diego –cinco inicial- Gerveno, Pablo, Jacobo e Santi..
ÁRBITROS: Darriba Villamor e Álvarez López (Lugo). Amoestaron ós locais Marcos e Alejandro e ó visitante Gerveno.
GOLES: Min. 5 (0-1), Pellón. Min. 7 (1-1), Iván. Min.11 (2-1), Dani López, de penalti. Min. 23 (2-2), Pellón. Min. 34 (2-3), Pablo. Min. 36 (2-4), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal de Xove ante uns cen espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios