Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS FIN DE SEMANA 19-20-21 DE ABRIL DE 2013

SEGUNDA AUTONÓMICA: Gª Mugardos B – C.D. As Pontes B (2-5)
O segundo equipo do As Pontes logrou unha importante vitoria a domicilio ante o Mugardos B, 2-5 (goles de Totti -2- Borja, Moya e Narciso), aínda que non lle acompañou o resultado do líder Miño, que venceu 0-6 ó Somozas B, pero si o empate do Cariño e Numancia (2-2), o empate entre Caranza e Neda (1-1) e a derrota do San Mateo ante o Ánimas (0-2). So gañou o Ortigueira en Barallobre (3-4). Así as cousas, lidera a clasificación o Miño con 59 puntos, por 57 do As Pontes, Cariño, Neda e Ortigueira con 54, San Mateo 52 e Numancia 51. Quedan dúas xornadas e de gañar na casa os azuis ante os xa descendidos Somozas B (16º) e Xuventude de Cabanas (17º), garantiría quedar no segundo posto á espera dun tropezo do Miño na casa ante A Capela ou na súa visita ó Barallobre.
PRIMEIRA CATEGORÍA CADETE: C.D. As Pontes – EF Gª Caranza (3-1)
Venceu o cadete (3-1) ó EF Gª Caranza, sexto clasificado, con “hat trick” de David Rey. Intratable o Galicia de Caranza A con 52 puntos. A derrota do Val no derbi ante o Narón (2-0) deixa ós de Marcos Bouza a dous puntos dos valexos, (43 e 41) a falta de catro xornadas. O propio Narón vai cuarto con 26 puntos, polo que a terceira praza estaría garantida como mínimo. O As Pontes visita ó Numancia de Ares a vindeira semana.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL: Narón BP – C.D. As Pontes (3-6)
O infantil GAÑOU con solvencia na complicada visita ó Narón BP (3-6), pero a vitoria dos verdes na casa (6-2) ante o Portuarios case lles garante a Liga, pois levan dous puntos de vantaxe sobre os azuis máis o “goal average”, e ademais cun calendario máis doado o dos verdes, polo contrario dos azuis que aínda teñen que recibir ó Val (5º) e visitar ó Eume (6º) e Ortigueira (4º). A semana que vén chega o Cedeira. Jandro, Ayrton (2), Josiño, Alberte e Sergio foron os autores dos goles. Na clasificación: Racing de Ferrol 49 puntos, As Pontes 47, Portuarios 41, Ortigueira 38 e O Val 34 puntos.
PRIMEIRA AUTONÓMICA ALEVÍN F-8
SDR Portuarios B – C.D. As Pontes (3-1)
CD As Pontes – Cultural Maniños (9-0)
Derrota do Alevín A 3-1 ante o Portuarios B, co cal o equipo ferrolán pásalles na clasificación, e quedan sétimos con 17 puntos á espera de recibir ó Amistade de Meirás, que é quinto. Contundente vitoria do Alevín B que gañou (9-0) ó Maniños, que marcha terceiro clasificado, sendo quintos os azuis con 25 puntos, antes de visitar ó líder Eume B. Vicente, con 4 goles, Xoel Pena (2), Nono (2) e Xavi Gabeiras marcaron para o As Pontes.
alevinb.jpg
PRIMEIRA AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8
C.D. As Pontes – UD Cebarca (9-3)
CCRD Perlío – CD As Pontes B (3-3)
O Benxamín A venceu por 9-3 (Joan -5- Jandro -3- e Adri) ó Cebarca, pero viu como o seu perseguidor, Rápido de Neda, gañaba (3-2) ó San Pedro. Polo tanto, mantense a 5 puntos a falta de tres xornadas para o final. As Pontes 52 puntos, Neda 47, Numancia de Ares 41 e San Pedro 38. Quédalle ó As Pontes visitar ó Cariño (6º), recibir ó Galicia de Mugardos (7º) e render visita na derradeira xornada ó EFR Ferrol B (10º). Si os de Neda gañan tódolos partidos necesitan os azuis vitorias vitorias, pois o Rápido ten o “goal average” a favor. Pola súa banda, o Benxamín B empatou a tres goles (Sergio -2- e Eloy) na súa visita ó Perlío B, cuarto clasificado. Son oitavos con 17 puntos e reciben o vindeiro sábado ó segundo na clasificación, Ánimas.
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
CATEGORÍA PREBENXAMÍN F-8
Narón BP – C.D. As Pontes (3-1)
CD As Pontes B – R. Ferrol C (7-2)
O Prebenxamín A perdeu 3-1 diante do Narón BP Piñeiros. Son novenos con 9 puntos e rematan a Liga recibindo ó EFR Ferrol, oitavo con dous puntos máis. Pola súa banda, o Prebenxamín B venceu con claridade, 7-2 (Anxo -3, Xandro -2- Antón e Diego) ó Racing d Ferrol C. Sitúase sétimo con 20 puntos, e remata a competición visitando ó Galicia de Caranza B, que ten os mesmos puntos, pero mellor “goal average” momentáneo. A todo isto xa se coñecen os grupos de Copa e os dous As Pontes caeron no mesmo grupo B, dos 32 equipos, os dous mellores de cada grupo pasan a oitavos, logo cuartos, semifinais e final. O Cedeira B, oitavo clasificado do Grupo 2, e o Narón B, líder do terceiro grupo, serán os seus rivais polos dous postos que clasifican para a seguinte rolda.
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios