TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 3 – BERTAMIRÁNS FC 1

Sensacional As Pontes que remata o 2013 e a primeira volta como Campión de Inverno da Terceira División empatado a 38 puntos con Cerceda e Boiro.
Foi un monólogo do As Pontes nos primeiros compases do partido, así, tras saque de córner marcou Sergio Arias de cabeza (11´). Non podemos dicir que a xogada fora moi clara, incluso división de opinión entre os afecionados, que si Esmorís, que si Aitor, que si Arias, que si Alex Blanco en propia meta. Definitivamente o colexiado na acta outorgoullo ó Rooney de Portomarín. Anteriormente disparo de Amado que saca Jose co corpo (5´) e zapatazo de Chicho que se colaba polo escuadro e que despexa coa luva o gardamallas visitante (7´).
Puido ampliar o As Pontes o marcador tras un xogadón que nace no medio do campo, combinación entre Arias, Dani e Amado, o balón chega franco a Domínguez, e a dous metros da porta, só, e en posición inmellorable, escurreselle o balón por debaixo das pernas ó bo carrileiro de Baio (27´).
O máis destacable do equipo contrario é que por momentos amosou maior frescura que os locais, tiña perigosas contras, e sobre todo, creaban moito perigo a balón parado, así, no 35´ falta ó borde da área botada por Blanco, na que Chema desvía a bola o xusto pra despistar a Kiko e situar as táboas no marcador. Esto desconcertou ós azuis que merecían ir gañando, e así chegouse ó descanso.
cdaspontes


Ó pouco de comezar o segundo tempo, gran pase en profundidade de Pablo López que observa a Dani só dentro da área e este non acerta a rematar á primeira pero no segundo control manda o balón ó fondo das mallas tras tocar o esférico no longueiro (54´).
O dominio seguía sendo do As Pontes, aínda así levou varios sustos a balón parado, tras unha serie de rebotes salva o balón Kiko (61´), e o bo porteiro viveirense nun despiste defensivo atallou un centro chut de Otero e despois fíxolle unha segunda parada a Chema a bocaxarro (70´). Entremedias tiro cruzado de Amado tras un bo pase en profundidade de Arias (69´).
No último cuarto o As Pontes puido sentenciar, bo pase cara atrás de Chicho que Dani manda por alto (80´), cabalgada de Arias por banda esquerda, centra, e Jose mete a luva o xusto pra chegar antes que Santi en primeira instancia e Rochela en segunda (82´). Pase de Santi a Chicho que se desmarca en carreira e este pica ante a saída de Jose, que volve a salvar, toca o xusto co guante pra que o balón vaia botando e acabe saíndo a rentes do pau (84´).
A xusta sentencia chegou co tempo cumprido, no 93´, Chicho rouballe un balón a un defensa por insistencia, cede a Iván que lle da un pase maxistral a Santi que marca de tiro raso coa punteira o seu segundo gol na Liga.
Comezará o 2014, e a segunda volta ó mesmo tempo, o As Pontes, recibindo a un Laracha que hoxe gañou ó líder Cerceda, 2-1, un primeiro clasificado que levaba 18 partidos sen coñecer a derrota, e que comparte título de Campión de Inverno con Boiro e As Pontes.
CD As Pontes. Kiko, Rochela, Esmorís (Iván González 68´), Pablo López, Aitor, Dani, Amado (Santi 78´), Fidi, Arias (Javi 91´), Chicho, Pablo Domínguez.
Bertamiráns CF. Jose, Jacobo, Gustavo, Otero, Gabi, Emilio, Saro, Chema (Juancar 78´), Alex Blanco (Astray 70´), Alex Pérez, Jesús (Pablo Braña 70´).
Goles: 1-0, Sergio Arias (11´), 1-1, Chema (35´). 2-1, Dani (54´), 3-1, Santi (93´).
Campo e incidencias. Campo de O Poboado, en tarde fría e con ceo encapotado. Uns 200 espectadores.
Árbitro: Jose Antonio García Parada (Pontevedra). Amoestou a Amado, Iván, Emilio e Alex Perez.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios