TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – U.D. SOMOZAS (2-2)

Esperábase máis do derbi entre o As Pontes e Somozas que rematou co resultado final de empate a dous goles despois de que se adiantara o equipo da vila de Santiago Seré das Somozas con dous goles acadados en menos de dez minutos, xa que o primeiro chegou nos segundos finais do primeiro tempo e o 0-2 cando apenas ían transcurridos seis minutos do segundo período.
Non se pode dicir que o partido entre ponteses e somocenses foi bonito, aínda que si foi moi intenso, cun As Pontes que semella ir a menos dun xeito estraño e ademais contra rivais directos na loita pola promoción e un Somozas que, sen facer un gran esforzo, veu ó Poboado moi motivado e segue no seu meteórico ascenso co obxectivo de acadar o título de liga ou cando menos xogar a promoción de ascenso, un título de liga que cada vez que pasan as xornadas, e xa só restan sete para o remate da liga, preséntase máis atraínte para tres ou catro equipos mentres que para o resto a cumprir o papel.
Ó final dos noventa minutos empate a dous goles entre dous equipos que trataron de acadar os tres puntos e no que o xogo foi máis intenso por parte do equipo visitante ante un As Pontes que parece haber perdido a alegría de xornadas anteriores que o fixeron colocarse de líder do grupo galego da Terceira División.
Houbo ocasións por parte dos dous equipos. A primeira foi para o As Pontes nun disparo de Iván que pasou rozando o poste da portería de Abraham. Respondeu uns minutos despois o cadro somocense nun disparo de Edi que rexeitou Marcos, que neste partido substituíu a Kiko. De seguido tivo unha oportunidade David Amado, e xa nos segundos finais deste primeiro tempo chegou o primeiro gol visitante nunha combinación de Heber, Berros que culminou Luis Ángel.
aspontes-somozas_0001.jpg


A segunda parte comezou do mesmo xeito e a pouco de comezar Heber propiciou o segundo do seu equipo nunha desgraciada xogada de Aitor, quen no intento de despexar mandou o balón ó fondo da rede, un resultado que parecía case sentenciar o partido, pero os ponteses reaccionaron e Santi estivo a piques de marcar no minuto 17 deste segundo tempo. Sen embargo, sería Sergio Arias, quen no minuto 23 culminou un contragolpe do As Pontes marcando o primeiro para o seu equipo. Seguiron ataques para unha e outra portería e cando os afeccionados contaban cunha nova derrota do As Pontes no Poboado chegou o gol do empate nun lanzamento de Bossa que Aitor, emendando o seu erro anterior, mandou ó fondo das mallas da portería visitante. Podemos considerar o reparto de puntos como xusto, cun Somozas que continúa na segunda posición a un só punto do Boiro, que nesta xornada só puido empatar en Betanzos, e un As Pontes na quinta praza cos mesmos puntos que Ordes e Choco.
C.D. AS PONTES: Marcos, Rochela, Hugo, Dani, Aitor, Nano (Chote, 84), Iván (Santi, 55), Bossa, Sergio Arias, Chico (Álex, 78) e David Amado.
U.D. SOMOZAS: Abraham, Javi Rosa, José Manuel, Iago, Fiuza, Edy, Heber (David Franch, 85), Baleato, Rubén (Nes, 88), Luis Ángel e Berros.
ÁRBITRO: Víctor García Villaverde con Rodriguez Dopico e Pita Lorenzo, da delegación de Ferrol. Ben en liñas xerais, aínda que moi mal asistido polo liña da banda da tribuna principal. Tarxetas amaralas ós locais Dani e Nano e ós visitantes Rubén e Berros.
GOLES: Minuto 45 (0-1), Luis Ángel. Min. 52 (0-2), Aitor en propia porta. Min. 68 (1-2), Sergio Arias. Min. 89 (2-2), Aitor.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da 31ª xornada de liga da Terceira División disputado no campo do Poboado, en tarde agradable e a veces con sol, ante uns 300 espectadores nas gradas, a maioría afeccionados do Somozas.
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
aspontes-somozas
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios