TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 MESÓN DO BENTO CF 1

Empate a un gol que sela a permanencia automática e definitiva do cadro local no encontro disputado hoxe á tarde-noite no Campo do Poboado.
A ambos equipos non lles viña mal a igualada no marcador e sumar algún punto polo que o encontro non foi moi disputado. Os goles chegaron no segundo tempo, a pesar de contar con inferioridade numérica dende o 45´, o capitán Suso marcou de vaselina dende fóra da área no 62´ e adiantaba ós visitantes, pero respondeu Hugo Soto tras pase de Amado seis minutos máis tarde.
terceira_001.jpg


O As Pontes visita a un necesitado Santa Comba na última xornada e pechará unha temporada na que volverá a permanecer un ano máis na máxima categoría do fútbol galego.
Antes do comezo do encontro ambos conxuntos fixeron o pasiño ó ascendido segundo equipo e ó alevín A campión de Liga.
1 CD AS PONTES. Kiko, Rivas (Moncho 84´), Javi, Chote, Juan, Dani (Bossa 69), Pablo (Jordi 65), Schuster, David Amado, Hugo Soto, Carba.
1 MESÓN DO BENTO. Mario, Guille, Rubén Méndez, Evaristo, Michi Leal, David Piña (Tenreiro 69), Diego (Damián 60), Suso, Javi Angueriz, David Louro (Santi Silvar 63) e Jorge Rebollo
Campo e incidencias: Campo do Poboado. Uns 150 espectadores en tarde con ceo encapotado
Arbitro: Ramón Aris Arribas: (Ferrol). Auxiliado nas bandas por Veiga López e Brito Regadera. Expulsou a Javi Angueriz por dobre amonestación (45´) e amonestou a Javi e Hugo Soto.
Goles: 0-1, minuto 62, Suso. 1-1, minuto 68, Hugo Soto.
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios