LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 4 CD CALASANZ 1.

Non se rinde o As Pontes xuvenil de Liga Nacional e esta tarde volveu gañar despois de oito xornadas sen facelo tras derrotar ó cadro coruñés do Calasanz por 4 goles a 1.
Pouco antes do descanso o xogador da selección galega Alex Cabarcos adiantaba ó equipo e ó pouco de comezar o segundo tempo o capitán Abeás marcaba o segundo que semellaba a sentencia, pero os rivais achegaronse cun tanto que sendos golazos pola escadra dende fóra da área do xogador de Cerdido Javi deixaban o marcador no definitivo 4-1.
xuvenil_001.jpg


Resaltar a volta ó equipo do talentoso mediapunta Chus Cañizares, trala súa estadía no Racing de Ferrol xuvenil co que logrou a permanencia na División de Honra.
Carballo xogou con Julián, Alex Cabarcos, Isma Prieto, Totti, Juancito, Abeás, Xabi Pellón, Chungui (Isma López 65´), Marcos (Dani 67´), Chus Cañizares (Kilian 78´) e Javi (Santalla 85´).
Agora mesmo e a falta de saber outros resultados o As Pontes é terceiro pola cola con 24 puntos, a 5 da salvación. Ten que intentar gañar todos os partidos que lle restan e agardar algunha derrota dos rivais.
O seguinte compromiso, a visita a semana que vén a un Bergantiños que aínda non está salvado.
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios