TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – CIDADE DE VIVEIRO (6-2)

O Esteo logrou o título de liga logo da súa vitoria o pasado sábado diante do Cidade de Viveiro por 6-2 (ó descanso, 5-0) en partido da Terceira División disputado no pavillón da Fraga ante uns 250 espectadores nas gradas.
Triunfo cómodo para o Esteo diante do Cidade de Viveiro, que lle permite proclamarse campión da fase regular da Terceira División a falta de dúas xornadas para o final da liga e no que Noé facía a súa despedida do equipo pontés para marcharse á máxima categoría portuguesa de fútbol sala despois de aceptar a oferta do Clube Operário Desportivo, de Lagoa (localidade de 14.000 habitantes a uns poucos quilómetros de Ponta Delgada, capital administrativa da rexión autónoma) na illa de San Miguel das Azores, que milita na primeira división portuguesa xunto a históricos como Benfica, Sporting de Lisboa, Académica de Coimbra, Os Belenenses, Braga, Boavista.
En canto ó partido, sinalar que o conxunto pontés de camiño encarrilou o encontro con goles de Noé, Rubi, Gerardo e Anxo, en dúas ocasións, resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda parte, con todo a favor, os locais relaxáronse e baixaron o ritmo do xogo, o que facilitou a saída dos viveirenses, que anotaron dous tantos neste segundo período por un de Pelu para o Esteo, aínda que, que de xogar a outro ritmo os locais puideron lograr unha goleada máis ampla. A falta dun minuto para o remate Noé foi substituído recibindo unha calorosa ovación dos compañeiros e afeccionados presentes no pavillón. Ó final do partido os compoñentes do plantel do Esteo saltaron ó centro da pista cunha pancarta na que expresaban o agradecemento da afección pontesa polo apoio recibido ó longo da temporada.
Dende estas liñas desexámoslle ó bo xogador pontés moita sorte na nova etapa na máxima categoría do fútbol sala portugués.
esteo_0001.jpg


O ESTEO FS: Niceto, Fran, Gerardo, Noé, Rubí ?cinco inicial- Pellón, Santi, Anxo, Chavo, Diego e Iván.
CIDADE DE VIVEIRO: Francisco, Pablo, Roberto, David, Borja ?cinco inicial- Manuel, Marcos, Iván e Brais.
ÁRBITROS: Menéndez Nistal (Viveiro) e Pena Pereira (Ferrol). Non houbo amoestados.
GOLES: Min. 3 (1-0), Noé. Min. 4 (2-0), Rubi. Min. 5 (3-0). Gerardo. 7 (4-0), Anxo. Min. 9 (5-0), Anxo. Min. 27 (5-1), Borja. Min. 30 (6-1), Pelu. Min. 34 (6-2), Manuel.
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios