TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BETANZOS CF 2

Gravísimo paso atrás do As Pontes que tralo traspés de hoxe queda xa a 4 puntos da salvación. No soubo aproveitar o equipo local a tesitura e dar un paso adiante, nun equipo azul algo descentrado que por momentos pareceu abstraerse da trascendencia do choque, e que incluso perdeu parte da consistencia que viña amosando as semanas anteriores.
E iso que comezou ben o equipo azul e Hugo Soto quedou so ante o gardamallas visitante pero non marcou (11´), sen embargo houbo tres chegadas seguidas do Betanzos, Chote saca baixo paus (13´), tiro fora de Javi cando estaba so (15´), e un despexe de Simón a tiro de falta de Xoel, que Álvaro con todo a favor cabeceou fóra (17´). Tras pase de Bossa, Hugo Soto non puido controlar un balón que o deixaba en posición franca (30´). Tras un gran pase o futbolista pontés Xoel González Fontenla, ex Deportivo e ex selección española sub15 1997, non chega a empalar por pouco (36´). Foi no 38´ tras unha gran xogada local, que Moncho mandou un zapatazo dende fóra da área, un defensa visitante desvía e o balón acaba no fondo das mallas, e asi se chegou ó descanso.
A pesar de certos desaxustes os da terra do bendito repolo non teñen para nada mal equipo, e moito menos para estar antepenúltimos, sobre todo de medio para arriba, e non se viñero abaixo e no 51´ empataron, tras un pase de Javi, que cruzou toda a área e remata chegando desde atrás libre de marca o recén saído Marcos (51´).
cdaspontes_001.jpg


Anque no segundo tempo houbo continuas chegadas polos dous bandos, sen dúbida foi o As Pontes o que chegou con máis perigo, anque foi un recital de desesperación, Dieguito desmarcouse e prantouse so ante a saída de Diego e este salvou milagrosamente (59´), e volveu a estar maxistral ante un remate a bocaxarro de Jordi que sacou co pe (61´), unha falta de Bossa co seu guante (67´) foi respondida outra vez por Diego coa manopla a córner. Hugo Soto volveu quedar so (75´), pero estivo lento no remate, gran centro de Moncho que non consiguen empalar nin Amado nin Jordi (76´), David non consigue controlar un balón que o deixaría so en posición inmellorable no 86´e un minuto máis tarde, son Amado e Soto os que se marchan sos pero non consiguen sacar proveito dun claro contragolpe. Entremedias tan so resaltar un remate de cabeza a rentes do pau de Felipe (70´).
Xa no desconto, nunha indecisión entre Simón e Chote aproveitase o habilidoso Álvaro, e anque Chote consigue salvar baixo paus o seu despexe é frouxo e o balón vai para ós pes do matador de área Felipe que non perdoa, fai o 1-2, e da tres puntos máxicos e algo de respiro ó seu equipo, ante a incredulidade da parroquia local que por outra parte xa está afeita a sufrir durante todo o ano.
Complicado panorama se lle presenta ó As Pontes, pois ós catro descensos sumanse os de Montañeros e Celta B, e agora hai seis descensos moi claros, as matemáticas non teñen dobre lectura, e os azuis xa están a 4 logo da victoria do Bergantiños ante o Racing de Ferrol (2-1). A situación agora mesmo queda con Somozas 34, Dorneda 33, Vilalonga 32, Racing de Ferrol e Negreira 30, Bergantiños 29, As Pontes 25, Estradense 21, Betanzos 20, Areas 19, Lalín 18 e Sanxenxo 16.
Por diante quedan tres auténticas finais, tras perder a final de hoxe, as visitas ós últimos Sanxenxo e Lálín que veñen de gañar os seus encontros e presentanse terribles, e recibir ó Somozas dentro de dúas semanas en duelo de rivalidade, equipo que salvo o traspés de hoxe en Cangas é dos que máis en forma está nas últimas xornadas. Sobra dicir que se necesitará ver a mellor cara do As Pontes e conseguir xa non os nove puntos, pero si alomenos entre 5 e 7 pra manter algunha esperanza de salvación tras un día desolador. Apoio da sufrida parroquia local non vai faltar.
CD As Pontes 1. Simón, Moncho, Fernando, Rochela, Chote, Cata, Coedo (Jordi 57´), Bossa, Dieguito (David Amado 66´), Chicho e Hugo Soto.
Betanzos CF 2. Diego, Guille, Juachi, Muíña, César, Michi, Álvaro (Marcos 45´), Javi, Felipe, Xoel González (Manu Millán 90´) e Bouza.
Árbitro: Rubén Comesaña Bastero (Vigo). Amonestó a Guille, Juachi, Muíña, Michi, Felipe e Chote. Expulsou no 89´a César.
Goles: 1-0, Moncho (38´), 1-1, Marcos (51´), 1-2, Felipe (91´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 200 espectadores en tarde chuviosa. Partido correspondente á 24ª xornada de Liga.
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios