TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 RÁPIDO DE BOUZAS 0

Victoria nos últimos minutos do As Pontes ante o cadro vigués do Rapido de Bouzas, que viña de clasificarse fai catro días para a final galega da Copa RFEF, que xogará contra o Cerceda tras eliminar ó Coruxo 2-0 no Baltasar Pujales.
cd_logo.png
A primeira metade foi de dominio azul, a destacar un tiro cruzado de Dieguito nada máis comezar (2´), tras cesión atrás de Arias nun contragolpe disparo de Cañizares que marcha a rentes do pau (14´), e Dani de cabeza en posición franca, pero o balón marcha por pouco (40´).
Outra de Domínguez (33´) pero anticípase Rober, e Dani en boca de gol (35´), tras un pase maxistral de Bossa non atina a controlar.
Por parte do cadro da gran localidade viguesa levaban perigo por bandas Carlos e sobre todo Jacobo pero sen ocasións claras.
Nos primeiros 15 minutos do segundo tempo sorprendente e preocupantemente o Rápido fixo honor ó seu nome, e a pesares de xogar un partido importante hai apenas catro días desbordaron ó cadro azul, e nunha xogada na que marcharon tres xogadores visitantes sos, Carlos non atinou no pase (50´), e estando Jacobo so, Kiko anticípase por fortuna in extremis (57´). Entremedias un tiro cruzado de Sergio Arias (52´).
cdaspontes_001.jpg


Pero conforme avanzaba o segundo tempo o As Pontes comezou a facerse co mando, e no 68´ xa chegou un aviso, Arias desmarcase, queda so, pero o seu disparo ante a saída do gardamallas desvíao Rober, a xogada continúa e o posterior trallazo de Dani vai ó longueiro. Dieguito queda so ante Rober, enganao e superao cun toque sutil de calidade pero sobre a mesma liña salva Cotilla (74´). Tanto foi o cántaro á fonte que nunha maxistral parede entre Cañizares e Bossa o primeiro queda so e marca de tiro cruzado con pouco ángulo e o balón bica o poste contrario antes de entrar (77´). Cinco minutos despois nunha xogada de Bossa o balón caelle rexeitado a Amado, que se revolve dentro da área e o seu disparo estrelase no pau con Rober xa batido, pero o esférico cae hacia a área pequena e aproveitao Dani para facer o 2-0 definitivo a porta baleira.
Aínda puido Pablo López xa no desconto facer o terceiro tras unha xogada de estratexia pero non alcanzou a golpear o balón.
Pero en definitva tres magníficos puntos para un As Pontes que suma 9, debe gardarlos no seu zurrón, e xa pensar en intentar sacar algo positivo da súa visita as marabillosas terras canguesas a vindeira semana, onde botando a vista atrás agardemos que se vexan 90 minutos de bo fútbol e ningún penalti imaxinario.
2 CD As Pontes. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Pablo López, Dani, Dieguito, Bossa (Guille 89´), Sergio Arias (David Amado 78´), Cañizares (Iván González 86´) e Pablo Domínguez.
0 Rápido de Bouzas. Rober, Marcos, Cotilla, Portas, Agujetas, Chema, Jacobo (Xose Ramón 78´), Yavé, Carnero (Jorge 71´), Diz e Carlos (Óscar 60´).
Goles: 1-0, Cañizares (77´), 2-0, Dani (82´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada.
Árbitro: Javier Pérez Prado (Lugo). Auxiliado por Folgueira Ríos e Feijoo Trigo. Amonestou a Marcos, Agujetas, Chote. Expulsou por dobre amarela a Portas (90´).
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreio e A.F.

También podría gustarte
Comentarios