SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA: CD AS PONTES 5 ORZÁN B SD 1

Contundente triunfo do equipo feminino ante o cadro coruñés, o que o leva a sumar 6 puntos en tres xornadas.
escudos.png
Rápidamente se poñían en vantaxe as azuis por medio de Jani, que regresaba, que ós dous minutos, batía por alto a Andrea nun balón ó que non puido chegar a pequena gardamallas visitante. O 2-0 chegaba ós 15 minutos despois dunha boa xogada persoal da gran Lau.
Antes de chegar ó decsanso, tras unha inocente man dentro da área, a pequeniña dianteira Paula non se puxo nerviosa e marcou por alto o 3-0 que semellaba definitivo.
Nada máis lonxe da realidade, xogou moi ben o cadro herculino na segunda metade e tiveron clarísimas ocasións nalgúns desaxustes defensivos e rápidas contras, Cristina quedou por dúas veces soa ante Leti, na primeira ocaisón mandou por riba do longueiro (60´) e na segunda a rentes do pau (64´), ou tras un gran lanzamento de falta de Rocío Leti despexa in extremis (88´). Tamén tivo dúas seguidas o As Pontes, Lau, soa (54´), e Carlota que hoxe podía lucirse, pica o balón ante a saída da gardamallas e o balón marcha bicando o pau (55´).
feminino_0001.jpg


Como acontecera no encontro contra A Rúa, tras dar a sensación de que o 3-0 non se movería por moitos minutos que se disputasen, nos últimos 5 minutos chegaron tres goles, no 85´ foi Alba Romero, que se desmarca, prantase soa no borde da área e marca dun forte disparo raso que a piques estivo de deter Andrea. Tras outra man inocente, desta vez en area local, marcan as visitantes de penalti o merecido tanto da honra por medio de Rocío (89´). Xa no desconto estreouse na faceta goleadora, ó igual que Paula, Vicky, que revolveuse dentro da área, regateou á defensa e marcou dun forte punterazo o 5-1 definitivo.
O As Pontes xogará en casa ante o CD Conxo o vindeiro domingo e tentará lograr o terceiro triunfo en catro encontros.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
5 CD As Pontes. Leti, Paula (Nuria 66´), Silvia, Andrea Pita, Lau (Vicky 56´), Sara, Noelia, Lía (Vanesa 66´), Carmela (Alba R 56´), Jani, Carlota.
1 Orzán B SD. Andrea, Iria (Mónica 58´), Maneira, Soraya, Merino, Julia (Paulita 69´), Cristina, Marta, Silvia, Rosa (Vanesa 69´) , Rocío.
Goles: 1-0, Jani (2´), 2-0, Lau (15´), 3-0, Paula (41´), de penalti. 4-0, Alba R (85´), 4-1, Rocío (89´), de penalti, 5-1, Vicky (91´).
Árbitro. Bejarano Estepa (Ferrol). Amosou dous cartóns amarelos, a Sara, e a unha xogadora visitante.
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Uns 100 espectadores en mañá soleada.
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios