Importante vitoria do Esteo na sempre difícil pista de Meira ante o Ribeira de Piquín por 1-5, nun partido que estivo moi igualado, sobre todo na primeira parte. O primeiro gol chegaría ós seis minutos despois dunha boa xogada de Pellón e Gerardo, que culminaría este último cun forte disparo que entrou polo escuadro da portería local. Dous minutos despois empataría o Ribeira e nada máis sacar de centro de novo se poñen por diante os ponteses nun ataque que finalizou Rubi, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que o cadro local tivo dúas claras ocasións para marcar. Na segunda parte a tónica do xogo foi a mesma, moita igualdade cun Esteo que se defendeu ben e non deixando crear perigo ó Ribeira. A falta de seis minutos os locais sacan porteiro-xogador co fin de darlle a volta ó marcador, pero o Esteo defendíase ben e nun contragolpe Fran marca o 1-3, que practicamente sentenciaba o partido, pero aínda lograron dous goles máis por mediación de Rubi e Gerardo. Trala disputa da terceira xornada, o Esteo é líder en solitario con nove puntos. Na vindeira xornada recibe a visita do filial do Burela.
FICHA DO PARTIDO
RIBEIRA FS: Dani, Solla, Miguilla, Donino, Quique cinco inicial- Dani R., César, Kini, Isma, Sebas e Ángel.
O ESTEO FS: Choto, Pelu, Gerardo, Fran, Rubi cinco inicial- Pellón, Bolly, Gerveno e Diego Pellón.
ÁRBITROS: Castro Bermúdez e Saa Mateo (Lugo). Amoestaron a Miguilla, Danir R., Sebas, Ángel, Fran e Rubi.
GOLES: Min. 6 (0-1), Gerardo. Min. 8 (1-1), Sebas. Min. 9 (1-2), Rubi. Min. 36 (1-3), Fran. Min. 37 (1-4), Rubi. Min. 40 (1-5), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da terceira xornada de liga da Terceira División disputado no polideportivo de Meira ante medio cento de espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.