TERCEIRA DIVISION. CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1

Tres importantes puntos os que conseguiu o As Pontes na tarde chuviosa de hoxe no seu compromiso ante o Cultural Areas de Ponteareas.
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1


Comezou dominando o As Pontes e puido adiantarse ata en tres ocasións, dúas boas faltas de Bossa e un tiro cruzado do seleccionado Jordi que se foi fóra por pouco. Tamén puido marcar o Areas nun remate a bocaxarro de Couco que chapou ben Simón.
No segundo tempo ben se lle poñían as cousas ós locais, cando Felipe, que levaba catro minutos no campo, vaise pola súa banda e dun forte disparo, con pouco ángulo adiantou ós azuis.
A raíz do gol o As Pontes recuou un pouco, e dominaba o Areas pero sen moito perigo. Sen embargo puideron sentenciar os locais no 78´ nunha xogada entre Hugo e Felipe, que quedou so pero escourouse demasiado. No 86´nun barullo na área no que o balón acabou fora non marcaron os de Ponteareas de milagro.
O que son as cousas, dous minutos despois nun erro de Jorge Comesaña Hugo Soto queda so ante Manu, regateao e marca a pracer o 2-0 que parecía definitivo.
Pero o Areas achuchou nos últimos minutos e Germán de cabeza recurtaba distancias (93´) pero xa non había tempo para moito máis.
Os azuis son sextos con 22 puntos e a semana que ven xogarán en Bouzas ante o Rápido.
2 CD As Pontes. Simón, Moncho, Javi López (Dani 24´), Rochela, Juan, Schuster, Iván Gzlez (Diego Piñeiro 80´), David Vidal (Felipe 52´), Hugo Soto, Bossa, Jordi.
1 Cultural Areas. Samu, Costas, Portas (Bugallo 64´), Sombri, Pichi, Jorge, Groba (Maikel 61´), Facundo (Germán 82´), Nandi, Couco, Borja.
Árbitro: Sergio Espasandín Cores (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Taboada Dafonte e Pérez Montouto. Cartón amarelo a Facundo e Juan.
Campo e Incidencias: Campo do Poboado, 200 espectadores en tarde moi chuviosa. Partido correspondente á decimoquinta xornada.
Goles: 1-0. Felipe (56´), 2-0, Hugo Soto (88´), 2-1, Germán (93´).
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
CD AS PONTES 2 CULTURAL AREAS 1
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios