Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES – SD COMPOSTELA (0-1)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triste derrota no comezo do ano do primeiro equipo pontés que perdeu un punto moi valioso ante un equipo histórico por mor dun grave erro imperdoable nesta categoría no tempo de desconto.
Rápido comezou ameazando o Compos por medio do pichichi Joselu, un amolador nos noventa minutos, pero despexou Kiko (3´). Respostou o As Pontes tras unha gran xogada de Cañi, na que o remate final de Iván sa e a rentes do pau (5´). Outra vez remata Joselu, despexa Kiko e Louro en posición franca manda fóra (10´). Tras anularlle un gol en fora de xogo previamente e despois dun mal saque de Kiko, aproveitase Joselu listo para roubar o balón e plantarse só, pero o porteiro viveirense repara o seu erro desviando a córner (19´). Antes de chegar ó descanso logo boa combinación entre Louro e Jacobo salva Rochela baixo paus.
Comezou con maior dominio o As Pontes no segundo tempo e así destacar unha cabezada cara atrás con perigo de Nano (52´). Ata que no 61´ chegou a xogada clave do encontro ó desmarcase de marabilla Iván González, regatea a Adrián, e este derríbao, polo cal é expulsado. A falta ó borde da área lánzaa Bossa moi pegada ó poste.
Semellaba que os azuis terían máis opcións xogando contra dez, pero foi todo o contrario, ó Compostela, amén da súa calidade, sentoulle mellor fisicamente o Nadal, e así as dúas ocasións máis claras foron dos visitantes. No 72´ o gladiador Nano despexou cara atrás e complicoulle a vida ó seu compañeiro Kiko que salvou como puido. Outra vez Joselu, no 78´, cun tiro cruzado está a piques de marcar, pero é Kiko coa punta das luvas quen despexa a córner. A destacar tamén unha falta de Gonzalo que despexa Kiko cos puños (83´).
Cando xa se comezaba a dar por válido o empate por ambos equipos, tivo o As Pontes un grave erro por medio de Chote, que en lugar de ceder a Kiko ou despexar, quixo regatear ó habilidoso e goleador Joselu, este rouboulle o balón e acabou marcando polo escuadro ante a desesperación de Kiko ó que non lle serviron de nada todas as paradas feitas anteriormente, así como unha gran decepción dos afeccionados ponteses pola forma de perder o partido e un valioso punto.
O As Pontes é sétimo con 30 puntos, e a semana que ven ten un partido clave para o seu futuro na Terceira División, pois recibe ó perigoso Dorneda, momentaneamente o primeiro dos descendidos, e en claro ascenso nas últimas xornadas.
compostela


CD AS PONTES. Kiko, Esmorís, Nano,Chote, Rochela, Dani, Iván González (Dieguito, 85´), Bossa, Sergio Arias (Eloy, 85´), Cañizares (Amado, 71´), Pablo Domínguez.
SD COMPOSTELA. Adrián, Borja, Castiñeiras, Catú, Jacobo (Alex, 63´), Louro (Manu Rodríguez, 74´) Jimmy, Gonzalo , Martín (Jordan, 40´), Mariño, Joselu.
GOL: 0-1, Joselu (min. 92).
ÁRBITRO: Jose Manuel Cives Enjo (A Coruña). Auxiliado por Sánchez Rojo e Suárez Lamas. Amoestou a Eloy e Manu Rodríguez. Expulsou con vermello directo ó gardamallas visitante Adrián no minuto 61 e no desconto ó delegado visitante Justo.
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo do Poboado cuns 300 espectadores nas gradas, con moitos seguidores visitantes, en tarde fría e soleada. Partido correspondente á décimo novena e derradeira xornada da primeira volta da liga de Terceira División.
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
compostela
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios